| Acción exterior |
||||||||
| A paradiplomacia galega Por Xulio Ríos (AGN, 16/07/2007) |
||||||||
|
Galicia tiña un Libro Branco de Acción Exterior e o novo goberno dispón dunha Estratexia específica a este nivel que foi presentada recentemente. Cómpre agora acabar coa inestabilidade orgánica e funcional, e dotala de recursos suficientes para levala adiante con dignidade. Cómpren igualmente esforzos para que esa preocupación impregne a todo o goberno e as súas institucións, facilitando mecanismos e vontades de coordinación que impidan a fragmentación dos contados recursos e o deterioro da nosa propia imaxe exterior. Consenso dentro (no goberno), e consenso fóra (coa oposición). A definición dunha estratexia exterior propia, por último, non debe significar eludir o problema de influir na política estatal. Madrid debe superar definitivamente a etapa de obstrución, xa descartada de facto polo goberno Zapatero, para pasar á inclusión das paradiplomacias periféricas, asumindo, dunha vez por todas, que as autonomías tamén son Estado, mesmo a este nivel. Urxe un desenvolvemento normativo na lexislación estatal que dea cabida ás iniciativas prácticas dos últimos anos. Ese cambio de sensibilidade por parte do Estado, a plasmar nunha normativa do servizo diplomático verdadeiramente innovadora, facilitaría o impulso exterior que Galicia precisa, mesmo sen necesidade de agardar á aprobación dun novo estatuto, misión, polo momento, case imposible. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 15/07/2007 |
||||||||
|
||||||||