Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
Wolfowitz
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 02/05/2007)
 
 

  Paul Wolfowitz, clic para aumentar
O máis estraño é que, contra costumes xeralmente observados, Wolfowitz (na foto) se negue a dimitir. Como bo neocons non acepta a súa culpa: bótalla aos demais.
 
Hai quen pensa que o caso do presidente do Banco Mundial e a súa amante ten un obxectivo moi premeditado: distraer a atención da xente dos seus crimes de guerra pola invasión de Iraq. Isto podería explicar tan ferreña postura, xunto co feito de manter vivo ese serial o maior tempo posible.

O máis estraño é que, contra costumes xeralmente observados, Wolfowitz se negue a dimitir. Como bo neocons non acepta a súa culpa: bótalla aos demais. E aínda ten o valor, para mellor vestir o santo, de suxerir que vén sendo vítima dunha conspiración que ten por obxectivo afundilo.

Xentes desa mentalidade hainas tamén por aquí. Son mentalidades globais. Ou é tan diferente a dos que nos teñen acostumados a negar a súas responsabilidades de goberno para atribuílas a outros –ou aos outros? Os supostos están na máis viva actualidade nosa, chea de pequenos Wolfowitz –porque un da magnitude do que foi o número dous do Pentágono non é imaxinable por estes pagos. Pero si as súas mañas, aínda que a escala máis reducida.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/05/2007
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta