| Presenza-Opinión |
||||||||
| Tentacións de Sarkozy Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 04/06/2007) |
||||||||
|
Os sindicatos, a esquerda, ONGs, ou a antiga xuíz Eva Joly, temen unha berlusconización de Francia e póñense á espreita: falan xa dunha “nova era abafante” para a información, e chaman a “manterse vixiantes” e a “resistir as presións” para non ir parar nunha democracia ferida de morte. Unha berlusconización é algo pouco probable en Francia; tampouco é dono Sarkozy dos principais medios franceses, como é Berlusconi dos italianos. Pero a voz de alarma está dada: como probado neocon que é, o presidente francés xa se ve que non dubida en actuar como tal. Por iso fan ben as forzas sociais en estar vixiantes e dispostas a non deixarlle pasar unha. Porque nesas tentacións xa se ve que está caendo o novo presidente. |
||||||||
|
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 16/06/2007 |
||||||||
|
||||||||