Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
Sarkozy e o exterior
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 14/05/2007)
 
 

  Nicolas Sarkozy e George Bush, clic para aumentar
No terreo das hipóteses, con alicerce no que Sarkozy veu manifestando en diversas ocasións, os tempos que veñen non van ser bos para Europa, para unha política europea autónoma e á marxe das presións imperiais. Por iso Bush se mostrou tan satisfeito: agora conta con dous homes, e non só con un, para que a política europea siga agardando. (Foto: Nicolas Sarkozy e George Bush na Casa Branca o 12 de setembro de 2006).
 
Hai moitas posibilidades de que a política exterior de Sarkozy sexa moi diferente da de Chirac: pouco europea e moi do gusto de Bush. Este non ocultou o moi satisfeito que se sentía polo resultado das eleccións francesas. A sintonía de París con Bon e Moscova será cousa do pasado, en contra de Europa.

E vai ter sintonía con Solana, o defensor da guerra dos Balcáns “sen autorización da ONU pero segundo o espírito da ONU”, que este dixera, e que no cume de Salónica presentou á UE un documento servil coa política da “Nova Estratexia de Seguridade dos EEUU”, ou exercicio do poder arbitrario.

É certo que o poder cambia aos que o exercen, aínda a aqueles que non quixeran cambiar. Pero, no terreo das hipóteses, con alicerce no que Sarkozy veu manifestando en diversas ocasións, os tempos que veñen non van ser bos para Europa, para unha política europea autónoma e á marxe das presións imperiais. Por iso Bush se mostrou tan satisfeito: agora conta con dous homes, e non só con un, para que a política europea siga agardando.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/05/2007
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta