Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
Sarkozy aclárase
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 16/07/2007)
 
 

  Didier Migaud, clic para aumentar
Como dixo Didier Migaud, que preside a comisión de finanzas da Asemblea, só a unha minoría van beneficiar e, ademais, é un dispositivo custoso e ineficaz.
 
A PROFECÍA que fixemos no seu día estaba ao alcance de calquera: as promesas de Sarkozy de rebaixar impostos só ían en beneficio dos que máis teñen, polo que afectarán a poucos. Pero, en euros, a rebaixa pode ser moi significativa nun momento en que as contas públicas francesas están moi degradadas.

Como dixo Didier Migaud, que preside a comisión de finanzas da Asemblea, só a unha minoría van beneficiar e, ademais, é un dispositivo custoso e ineficaz. E que dicir desa “unión mediterránea”, que xa a prensa gala, con razón, empeza a alcumar de quimérica? Unha vez máis, un nacionalismo do máis reseso.

Unha e outra cousa teñen moito de fraude: no caso dos impostos progresivos –imposto de solidariedade sobre a fortuna (ISF)–, a cousa é clara: a rebaixa só vai afectar ás grandes fortunas; e no suposto da “unión mediterránea”, abonda con botar unha ollada ao mapa: países autocráticos a unha banda e democráticos a outra. Sempre pensei que os franceses terían moito máis sentido crítico. Pero hai que poñelo en dúbida.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/07/2007
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta