Presenza-Opinión / Oriente Medio Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio
Permanecer no Iraq
Por Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 06/12/2007)
 
 

  Douglas Lute; clic para aumentar
Agora xa non hai dúbidas: o xeneral Douglas Lute vén de manifestar que o compromiso militar nese país, a súa forma e amplitude, así como o establecemento nel de bases americanas, con presencia permanente do exército de EEUU no país mesopotámico, “serán obxecto de negociación capital”.
 
No número 1.281 de A Nosa Terra (20 ao 26 de setembro), manexábamos a idea de que EEUU estaba consolidando a súa permanencia militar no país construíndo bases estratexicamente situadas e que lle servirían para o dominio militar de todo o Oriente Medio. E que a solución de Corea podería estar nas mentes de Whasington para ser aplicada no Iraq.

Agora xa non hai dúbidas: o xeneral Douglas Lute vén de manifestar que o compromiso militar nese país, a súa forma e amplitude, así como o establecemento nel de bases americanas, con presencia permanente do exército de EEUU no país mesopotámico, “serán obxecto de negociación capital”.

Todos sabemos que iso quere dicir: instauración dun neocolonialismo co asentimento de líderes postos polo invasor e á marxe do pobo, unha verdadeira farsa coa que o invasor pretende unha pantalla de legalidade, pero que, despois do que levamos visto, a ninguén pode enganar.

Tamén se nos di que as “negociacións” co Goberno colaboracionista van comprender relacións políticas e diplomáticas, así como as cuestións económicas do país –ou sexa, os hidrocarburos. O modelo de Corea corrixido e aumentado.

Aínda que os demócratas gañen as próximas eleccións, ningunha modificación van introducir nesa hipócrita e depredadora política exterior de Bush. Porque a súa política será tamén unha política imperial, e van aceptar os feitos consumados. Neutralizado Irán, ou iso semella, con Israel ao seu servizo e o Iraq ben suxeito, o dominio militar do Oriente Medio e dos seus recursos non é nada desavido. Velaí.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/12/2007
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta