Presencia-Opinión / Estados Unidos Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos
O veto de Bush
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 29/05/2007)
 
 

  Monumento memoria soldados mortos en Iraq na Praia Santa Mónica (California); clic para aumentar
Pouco importa a Bush o fracaso da súa política ou que cada día haxa máis partidarios de saír de Iraq ou máis soldados mortos. O que importa é acomodar a realidade ao dogma, aos elementais esquemas dos que verdadeiramente mandan. E que, como tales, son un perigo para o país e para o mundo. (Foto: Monumento en memoria aos soldados mortos en Iraq na Praia de Santa Mónica en California).
 
A ninguén lle debera estrañar o veto de Bush ao acordo dos representantes do pobo de EEUU na procura dun fin certo para a guerra de Iraq. É unha actitude moi coherente coas ideas que os neocons teñen do que é e do que debe ser a política, e que algúns pensan que foron aprendidas en Leo Strauss.

Sexa esa a fonte ou non –Wolfowitz foi discípulo de Strauss, pero outros moitos non pasan do primitivismo de Bloom–, é claro que a democracia non lle vai a Bush nin aos do seu arredor. A teoría schmittiana do golpe de estado permanente –poder executivo forte, lexislativo á marxe e submisión do xudicial– é o soño neocons.

Pouco importa a Bush o fracaso da súa política ou que cada día haxa máis partidarios de saír de Iraq ou máis soldados mortos. O que importa é acomodar a realidade ao dogma, aos elementais esquemas dos que verdadeiramente mandan. E que, como tales, son un perigo para o país e para o mundo. Xa o veredes: imos ser vítimas, xa o somos, dun novo dogmatismo redentor. Pero do que, unha vez máis, nos teremos que redimir.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/06/2007
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta