Presenza-Opinión / Oriente Medio Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio
Corrixindo o rumbo
Por Xosé Luís Franco Grande (A Nosa Terra, 15/03/2007)
 
 

  Condoleezza Rice, clic para aumentar
O cinismo de Rice non ten cancelas: di ter a “esperanza de que estes Gobernos (Siria e Irán) aproveiten a oportunidade que se lles brinda para mellorar as súas relacións co Iraq e traballar pola paz e a estabilidade na rexión”. Pero as cousas van tan mal neste país –e pode que vaian a peor coa suposta nova estratexia de Bush, como de dentro do país e de fóra del lle veñen avisando– que un diría que a idea da vietnamización empeza a parecerlle posible a Rice e pode que ao propio Bush.
 
Novas de última hora dinnos que EEUU está disposto a falar con Siria e Irán, de que a Administración Bush “é consciente” de que sen eles non será posible “estabilizar o Iraq”. E isto maniféstao quen non hai tantos días dixera, chea de razón e moi satisfeita, que nada de falar con eses veciños que forman parte do “eixo do mal”. Moi mal debe de estar vendo Rice as cousas para corrixir desta maneira o seu rumbo.

Bota man de calquera trécola para xustificar o que ata hai ben pouco non tiña xustificación: agora serían os iraquís, non os invasores, os que fan a proposta de iniciar conversacións cos veciños. EEUU, di Rice, “participará” na conferencia que “quere auspiciar Iraq”, á que “tamén están convidados Siria e Irán”. Sería unha “xuntanza entre veciños” en procura da estabilidade de Iraq, á que tamén estarían convidados representantes do G8.

A linguaxe de Rice dá un xiro de moitos graos e, como se esquecese todo o que nos veu predicando, entusiásmase coa nova idea que di promoveren os iraquís: “Teño o pracer de anunciar que tamén estamos axudando aos iraquís nunha nova ofensiva diplomática: lograr un maior apoio, tanto dentro da rexión como máis alá, para lograr a paz e a prosperidade no Iraq”, pois todos coinciden –asegura– en que este país precisa do apoio positivo dos seus veciños.

O cinismo de Rice non ten cancelas: di ter a “esperanza de que estes Gobernos (Siria e Irán) aproveiten a oportunidade que se lles brinda para mellorar as súas relacións co Iraq e traballar pola paz e a estabilidade na rexión”. Pero as cousas van tan mal neste país –e pode que vaian a peor coa suposta nova estratexia de Bush, como de dentro do país e de fóra del lle veñen avisando– que un diría que a idea da vietnamización empeza a parecerlle posible a Rice e pode que ao propio Bush.

O problema –creado pola torpe política de Rice e dos seus antecesores– é que Siria e Irán van poñer as súas condicións, maiormente de orde comercial e estratéxico, e tratarán de sacar boa tallada pola súa colaboración. Os dous países teñen afogada a súa economía e poden ter unha ocasión para mellorala. E Irán, ademais, vai atopar maior “comprensión” para os seus programas nucleares. Pode que de agora en diante empecemos a ver que a diplomacia despraza a forza. Xa veremos.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/03/2007
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta