| Presenza-Opinión / Oriente Medio |
||||||||
| Algo se move Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 05/03/2007) |
||||||||
|
Coñécense, ademais, declaracións a moi alto nivel que manifestan o fracaso da estratexia militar dos EEUU e o risco que corren dun fracaso conxunto. Está xeneralizada a idea de que os padriños americanos teñen una “incomprensión total da realidade” e que sería un erro moi grave atacar militarmente a Irán. O maior problema, senón o único, é a política de Bush, que non só demostrou pouca simpatía polas conversacións con Siria, senón que fixo todo o que puido para torpedealas. Por iso tamén pensan en Israel que a política americana xa non sirve aos seus intereses, por máis que Olmert, coa boca pequena, diga o contrario. Ao veren que a súa seguridade non está garantida, pensan no pacto, no acordo, na transacción. Non hai dúbida de que algo se move. |
||||||||
|
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 25/03/2007 |
||||||||
|
||||||||