| Presenza-Opinión |
||||||||
| Reclamar a política Por Fernando Pérez-Barreiro Nolla (A Nosa Terra, 04/10/2007) |
||||||||
|
Teremos tido unha emoción populista? Coidamos que non. Esa xente acorda reflexións moi serias. Northern Rock era unha desas sociedades hipotecarias de base mutualista que até hai pouco eran depositarias da confianza popular no Reino Unido. Igual que as cooperativas, formaban unha economía humana, menos abstracta que a das grandes finanzas. Aquelas sociedades foron transformadas en bancos. O capital financieiro non podía deixar que lle escapara aquela masa de aforros. Co anzó dun prezo atractivo a curto prazo para as accións, rápidamente consumido improductivamente as máis das veces, consumouse a transformación. Coa crise dos impagos de díbidas hipotecarias, perdeuse a confianza e os depositarios correron a salvar o seu diñeiro. A prensa en xeral recolleu a voz do capital que chamou “irracionais” a eses homes e mulleres que non querían perder os seus aforros. O Banco de Inglaterra e o Goberno remataron por garantizar a seguranza de Northern Rock. Pero, que pasará se o mesmo sucede, como é máis que probabel, con outros bancos? Vaise a seguir mantendoos con fondos públicos, ou sexa co diñeiro dos contribuíntes? Perderemos todos para que pareza que non perda ninguén e gañen os que nunca perden? E agora ven o máis sorprendente: aos poucos días desa crise comeza a Conferencia Annual do Partido Laborista e fala nela o novo primeiro ministro, Gordon Brown. Todo o que preocupa aos medios e si vai haber eleccións ou non no outono. Preocupación deportiva, como a da animación que rodea á mudanza de manager do Chelsea ou a de si vai mercar o Arsenal FC unha millonaria rusa. Pero nin palabra da gravedade da crise capitalista revelada no asunto do esbancamento hipotecario. Nin ateibos de cal pode ser o camiño político para superalo. É un baleiro desacougante. Vai haber que resucitar a política. |
||||||||
|
Fernando Pérez-Barreiro Nolla é membro do Consello Asesor do Igadi. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 01/10/2007 |
||||||||
|
||||||||