| Presenza-Opinión |
||||||||
| Angola, sexamos optimistas Por Ângelo Gonçalves Vicente (igadi.org, 11/10/2007) |
||||||||
|
Perante estes números positivos, os analistas acostuman contrapor nomeadamente dous argumentos para o pesimismo ou, no mínimo, para a extrema cautela: o crecemento económico non é acompañado de desenvolvemento socioeconómico, quere dicir, o que Angola gaña non se traduce na mellora das condicións de vida da populación xeral e até, proporcionalmente, cada vez máis riqueza vai parar a menos mans; o crecemento económico depende esencialmente do petróleo que, efectivamente, supón aproximadamente o 60% do PIB angolano. Debendo concordar coa inexorábel cautela para a que remiten estes argumentos, desexaba no presente artigo pór a énfase naglúns indicios feitos públicos recentemente que, neste caso, son susceptíbeis de suscitaren algún optimismo. Dun lado, a revisión de partidas de gasto público realizada coa modificación do Orçamento Geral do Estado no mes de agosto parece indicar a consciencia política da importancia de que o crecemento económico se vexa acompañado de desenvolvemento ao teren sido aumentados os investimentos infraestruturais e o gasto social, téndose optado, para compensar estes aumentos e a baixada do crecemento previsto, por reducir as partidas dedicadas a soster o aparello estatal e ao pagamento dos xuros das débedas do Estado. Por outra banda, se o sector petrolífero é, como víamos, o que máis pesa na economía angolana, o sector non petrolífero tamén crece notabelmente e mesmo se espera que o seu crecemento sexa superior en 11 puntos ao do 2006, pasando de 15% para 26%, sendo en boa medida este crecemento o factor explicativo do aumento de postos de traballo do país en arredor de 300.000. Con toda probabilidade será excesivo, porén, aseverar que a economía angolana deixará de ser dependente do petróleo para o ano 2012, como ten feito o vice-ministro das Finanzas, Severim de Morais, por máis que a tal aseveración constate xa a consciencia do interese de non depender tan fortemente dunha materia esgotábel, de prezo variábel que no medio prazo deberá concorrer con outros produtos substitutivos, se concordarmos que os biocombustíbeis e outras formas de enerxía renovábel gañarán peso de modo sensíbel nos próximos anos. Enfín, Angola crece moito e parece estar disposta a aproveitar en certa medida ese crecemento… Sexamos optimistas. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 11/10/2007 |
||||||||
|
||||||||