| Presenza-Opinión / Oriente Medio |
||||||||
| Xuízo xusto para Saddam Por Xulio Ríos (AGN, 10/07/2006) |
||||||||
|
Probablemente, de ter empregado a fiscais e investigadores iraquís xunto con xuíces internacionalmente recoñecidos, a imparcialidade do proceso e o dereito á defensa, aspectos ámbolos dous esenciais, estarían mellor garantidos e a confianza da sociedade iraquí no estado de dereito e nas formas da democracia moito máis asegurada. Pero tres avogados defensores foron asasinados. Os restantes viven en Amman e viaxan a Bagdad en avión para asistir ás audiencias. Os membros da Asociación de Avogados de Iraq opinan de forma moi crítica sobre o proceso, pero só poden facelo clandestinamente para salvagardar a seguridade das súas familias. Cando catro testigos da defensa aseguraron que estaban vivas polo menos algunhas das 148 vítimas de Dujail, o principal crime polo que se acusa a Saddam, o xuíz ordenou o seu arresto. A farsa rematará en sentenza e, con seguridade, a condena será a morte, abrindo un novo debate sobre a pertinencia da súa aplicación. Os líderes curdos xa anunciaron que solicitarán un aprazamento para continuar co xulgamento polos crimes cometidos contra o seu pobo. Outros reclaman a simple e inmediata execución. Non obstante, alén de cuestións éticas e morais que nos levan a moitos a rexeitar a pena de morte por principio, moi pouco pode aportar a eliminación física de Saddam á pacificación e reconstrución dun país absolutamente desfeito pola invasión e os seus efectos. Ao contrario, será unha nova expresión das perturbacións que axexan o proceso iraquí e afondará nas numerosas divisións internas. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 10/07/2006 |
||||||||
|
||||||||