| Presencia-Opinión |
||||
| O valor da axuda Por Xulio Ríos (ECO, marzo/2006) |
||||
|
En efecto, o incremento substancial da axuda, esixida en función da consecución dos Obxectivos do Milenio (ODM), segundo o conceptuado por Nacións Unidas, presenta reservas e hipotecas. Unha que cita o autor é que o aumento desproporcionado pode inducir a corrupción; e se os gobernos non teñen claras as prioridades, podería darse un efecto deslexitimador da propia axuda. En suma, Wolf, que prepara o camiño e os argumentos para contestar as críticas dunha opinión pública que reclama o reforzamento da axuda, tantos nos países desenvolvidos como no resto, o que reclama é menos aumento espectacular, porque pode derivar en caos ou na decepción, e máis reforzamento prudente que poida propiciar melloras duradeiras. Se un analiza os obxectivos e os niveis de compromisos asentados polos principais países en relación ao cumprimento dos ODM, enténdese perfectamente a preocupación de Wolf, columnista do Financial Times, porque sempre está moi por debaixo do recollido como desexable polo informe da ONU sobre a realización dos ODM, de xaneiro do ano pasado, elaborado por Jeffrey Sachs. Especialmente sangrantes son os casos de EEUU e de Xapón. En Galicia, o novo goberno, ven de presentar un Plan Director para a Cooperación ao Desenvolvemento que inclúe un compromiso económico importante -que Wolf probablemente desaconsellaría-, pero tamén ven cargado de ideas e principios inspiradores que denotan non soamente convicción, senón un axustado equilibrio entre os obxectivos e a disposición de recursos e que seguramente, sexamos optimistas, moderarían o seu escepticismo. Esa concepción, que parte do respecto ás estratexias que cada país en desenvolvemento debe concibir para modernizarse, incorpora aos destinatarios ou beneficiarios, pero tamén a propia sociedade galega e os seus axentes, públicos e privados, aos que cómpre convencer de que o investimento na superación das desigualdades non é despilfarro e que, pola contra, pode contribuír a lograr que esa esixencia moral, económica, social e política que é a redución da pobreza no mundo, poida ser unha realidade crible, ata para os economistas descreídos como Martin Wolf. |
||||
|
||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 12/02/2006 |