| Presenza-Opinión / África |
||||||||
| O modelo libio Por Xulio Ríos (AGN, 22/05/2006) |
||||||||
|
Con todo, EEUU tardou aínda máis de dous anos e medio en normalizar as relacións con Libia. Semella que non todo foi tan simple como explicou Condoleezza Rice, ao sinalar que a medida adoptouse despois de valorar o afastamento de Libia do terrorismo e o seu abandono do programa de armas de destrución masiva. ¿Hai outros motivos? O factor enerxético é importante, pero non único. Despois de Nixeria, Libia é o país máis rico en petróleo e gas natural do continente africano. O acceso das petroleiras estadounidenses a eses recursos verase facilitado con esta normalización. Pero Bush tamén precisa, con urxencia, capitalizar algún éxito no Gran Oriente Medio. A democracia pola forza co ánimo de instituír gobernos afíns ten unha expresión caótica no Iraq. Esa política (lembremos que Iraq ía ser o modelo por antonomasia) está sendo amplamente cuestionada dentro e fóra de EEUU e afecta seriamente á credibilidade dos valores que di defender a Administración Bush, mesmo entre aqueles que un día confiaron na súa sinceridade. En Libia, a aplicación dunha política de firmeza, de cuarentena política e económica, certo que durante máis de dúas décadas, acabou por inclinar a balanza en favor de Washington. Aínda que estes días reciba a Chávez con pomba e boato, Libia está con nós, dirá Bush. A cuestión agora é saber se en Irán ou en Corea do Norte apostarán pola vía iraquí ou polo modelo libio. Todo sexa por recrear o mundo do ben. Amén. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 22/05/2006 |
||||||||
|
||||||||