| Presenza-Opinión |
||||||||
| Lula II Por Xulio Ríos (ECO, decembro/2006) |
||||||||
|
Outra reforma importante e igual de problemática é a laboral. Como se trata do proxecto de lei máis doloroso, sobre todo para as bases do PT, é probable que o presidente tente aprobala rapidamente, xa en 2007, mentres aínda mantén intacta toda a lexitimidade que lle deu a rotunda vitoria electoral: o 60,83 por cento dos votos válidos, 58,3 millóns de cidadáns, 11,6 millóns máis ca na primeira volta do primeiro de outubro. O seu rival, Geraldo Alckim, non só non sumou, senón que perdeu 2,4 millóns dos sufraxios obtidos na primeira volta. A outra fronte é a combinación das políticas sociais e de crecemento económico. Lula asegurou que vai poñer máis énfase nos pobres, pero sen deixar de lado a obsesiva contención da inflación e as duras políticas de austeridade fiscal que caracterizaron o seu primeiro mandato, co obxectivo de reducir a débeda pública. Lula recibiu un apoio masivo deste segmento da poboación. No Nordeste, a rexión máis pobre de Brasil, obtivo o 77 por cento dos votos válidos e noutras, a súa maioría superou o 82 por cento. A promoción do microcrédito, a bolsa-familia, a elevación do salario mínimo ou o abaratamento de bens foron a clave deste apoio, pero agora, sen deixar de profundalos, reclaman a superación da fase asistencialista, esencial nun primeiro momento para reducir as desigualdades, para afianzarse e traducirse en políticas de desenvolvemento. Lula aspira a un crecemento mínimo do cinco por cento a partir do ano próximo (o ano pasado foi do 2,3 por cento e non será moi superior este ano). O terceiro asunto da axenda é o propio PT, moi debilitado polos escándalos. Marco Aurelio García, o seu presidente interino, anunciou a convocatoria dun congreso para o próximo ano para impulsar a reorganización que lle permita rexurdir dos escándalos e crises que levaron a substituír a súa dirección ata tres veces no lapso dun ano. A re fundación do PT, coa progresiva perda de poder por parte de Sao Paulo en favor dos líderes do interior do país, parece inevitable. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 06/11/2006 |
||||||||
|
||||||||