Presenza-OpiniónVolver a TitularesVolver a Presencia/Estados Unidos/ Estados Unidos
Fracasos de Bush
Por Xulio Ríos (AGN, 21/08/2006)
 
 

  Soldado israelí ferido o Líbano, clic para aumentar
Dos balances duns e doutros publicados nos últimos días, parece claro que a guerrilla libanesa, cunha forza militar relativamente pequena, saíu moi fortalecida da súa capacidade de resistencia durante todo un mes á ofensiva das forzas aérea, marítima e terrestre dunha potencia militar como Israel, e mesmo o desenlace final do conflito entre ambas partes estaba por verse. (Foto: Un soldado israelí ferido é trasladado desde a fronte no Líbano cara á fronteira con Israel. ©20minutos).
 
Se como afirmaba a revista The New Yorker o pasado luns, Bush estaba convencido de que os ataques aéreos de Israel contra os obxectivos de Hizbulá en Líbano ían ser o preludio de golpes preventivos de EEUU contra as instalacións nucleares de Irán, a decepción, á vista dos resultados dun mes de ataques persistentes, non pode ser máis evidente para Washington. O xornalista Seymour Hersh denunciaba na citada publicación que EEUU e Israel deseñaran en primavera unha estratexia militar completa para que as tropas israelís acabaran con Hizbulá e as forzas armadas de EEUU culminasen unha operación de castigo contra Irán.

Dos balances duns e doutros publicados nos últimos días, parece claro que a guerrilla libanesa, cunha forza militar relativamente pequena, saíu moi fortalecida da súa capacidade de resistencia durante todo un mes á ofensiva das forzas aérea, marítima e terrestre dunha potencia militar como Israel, e mesmo o desenlace final do conflito entre ambas partes estaba por verse.

Aos fracasos no Líbano ou en Palestina, ou á incapacidade demostrada para achegar unha solución satisfactoria á crise iraniana ou estabilizar Afganistán, sumase a delicadísima situación no Iraq, onde as actuacións descritas incrementaron, en varios graos máis, os sentimentos antiamericanos. As afirmacións do embaixador británico en Bagdad e de varios xenerais estadounidenses, alertando sobre as crecentes posibilidades de que a situación en Iraq derive nunha guerra civil aberta son inquietantes. Máis de cen persoas morren cada día en incidentes armados e a situación non mellora a pesar do aumento dos efectivos estadounidenses. A violencia fóiselle das mans, tanto que seica pensan en serio na partición de Iraq ante o aumento dos odios étnicos e relixiosos. Pero quen traza as fronteiras de sunnitas, xiítas e curdos? Aceptaría Turquía un país curdo como veciño? Non aproveitarían as potencias veciñas para intervir de forma máis activa apoiando cada unha aos seus?

As intervencións de Bush, baseadas no uso exclusivo dunha forza que cría infinitamente superior e capaz de liquidar o “terrorismo” alá onde fose necesario, revélanse un total desaguisado que provoca infinitos padecementos en moitas partes do mundo. É posible que os electores norteamericanos pásenlle factura nas eleccións de novembro para o Congreso. Pero non deixará de ser unha pírrica satisfacción.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presencia/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/08/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta