Presencia-OpiniónVolver a TitularesVolver a Presenza/Cuba / Cuba
Expectativas cubanas
Por Xulio Ríos (ECO, setembro/2006)
 
 

  Ricardo Alarcón, clic para aumentar
A época nacida en 1959 rematará con Fidel porque el mesmo así o quixo, renunciando a deixalo cargo con antelación suficiente. Pero a identidade da persoa chamada a sucedelo é un asunto clave para definir o propio papel do PCC no novo tempo. Non parece que Raúl, formalmente o segundo, sexa a persoa idónea, pese ás súas calidades, para comandar a nova etapa. No inmediato, Ricardo Alarcón (na foto), presidente da Asemblea Nacional, probablemente emerxerá como a principal figura política da Cuba post-Fidel.
 
Non sería a primeira vez que Fidel, para algúns practicamente deshauciado á vista da delegación provisional do mando en Raúl, rexurde “vivito y coleando” para sorpresa de case todos e recupera a plenitude das súas funcións. Non obstante, de mellorar a súa saúde, sería unha magoa desaproveitar a presente ocasión para retirarse da primeira liña e alentar unha transición que evite unha perigosa descomposición do poder en Cuba de consecuencias nefastas.

Son coñecidas as expectativas dos exiliados de Miami e do goberno de EEUU; tamén as de algúns sectores da oposición interna, en especial, de Oswaldo Payá e o seu proxecto Varela; pero é unha incógnita a perspectiva que pode asumir o novo liderado cubano. Cabe descartar, en calquera caso, que todo siga igual. Nin entre a dirixencia asoma unha figura co carisma e o temple de Fidel, nin da maioría da sociedade cabe esperar que asuma sen máis unha continuidade inmobilista. Esa situación provoca nerviosismo, desasosego, e mesmo temor a un certo colapso do sistema.

A época nacida en 1959 rematará con Fidel porque el mesmo así o quixo, renunciando a deixalo cargo con antelación suficiente. Pero a identidade da persoa chamada a sucedelo é un asunto clave para definir o propio papel do PCC no novo tempo. Non parece que Raúl, formalmente o segundo, sexa a persoa idónea, pese ás súas calidades, para comandar a nova etapa. No inmediato, Ricardo Alarcón, presidente da Asemblea Nacional, probablemente emerxerá como a principal figura política da Cuba post-Fidel.

A viraxe á esquerda en varios países de América Latina favorece as expectativas dunha transición con certos apoios rexionais. De Venezuela a Bolivia, pero tamén de Brasil, Arxentina ou Uruguai cabe agardar un balón de osíxeno, económico e político, que a revolución cubana pode e debe aproveitar. Pero as claves esenciais do proceso son internas. Moito depende de como a nova dirección do PCC saiba interpretar o ambivalente, e por veces contraditorio, apoio social ao réxime. O capital con que aínda conta a revolución debe ser a base das novas transformacións, e por iso corresponde ao PCC formular o seu propio proxecto para a nova etapa. Nesa perspectiva, o debate sobre o camiño a seguir debe evitar erros do pasado e ser o suficientemente transparente como para que se poidan expresar as diferentes estratexias posibles.

Fidel será sempre unha das personalidades máis respectadas e máis populares en América Latina e noutras rexións do mundo. Ata os seus críticos máis acérrimos deben aceptar esa realidade. A súa capacidade de comunicación, de adaptación e de reinvención do proceso cubano permitiulle superar os momentos moi difíciles, cando a desaparición da URSS agravou as problemáticas condicións de vida na illa, aínda que con serios custes políticos. Do que se trata agora é de establecer unha política que asegure o progreso mínimo que anhela a maioría dos cubanos e rematar cunha penuria que transforma a moitos cidadáns en potenciais delincuentes ante a necesidade de obter ilegalmente os bens elementais que precisan para chegar a fin de mes.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Cuba



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/08/2006
Fernando Pol


Subir