Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Latinoamérica/ Latinoamérica
A recaída
Por Xulio Ríos (AGN, 12/06/2006)
 
 

  Lourdes Flores, clic para aumentar
Dende a dereita, Lourdes Flores (na foto), de Unidad Nacional, a gran derrotada neste proceso, lembraba ao novo presidente que gañou o cargo “con votos prestados”. O medo desta dereita tradicional a Humala foi maior que o expresado a García e decantou o resultado final. Pero se García quere superar a fractura social que divide o país, a súa acción política debe tender a man ao seu rival e non ao seu aliado ocasional. A súa xestión debe centrarse na débeda social cos pobos máis pobres do Perú profundo e que moi maioritariamente deron o seu apoio a Humala. Pero será difícil que nos sorprenda.
 
A vitoria presidencial do inmensamente corrupto Alan García non aventura unha perspectiva estable para Perú. O discurso que condicionou o debate electoral da segunda volta tivo o seu epicentro en Caracas, máis que na propia capital limeña. Por iso, moitos observadores déronse presa a ler o resultado en clave rexional, e o propio García, home de probada locuacidade, clamou ante os seus seguidores: “aquí o único derrotado foi Chávez”. Pero aínda perdendo Humala (e Chávez, pois), ese case 47 por cento e a súa posición de primeira minoría no Congreso (45 deputados) e o control de 16 departamentos dun total de 24, deixa en mans da oposición importantes resortes que nos próximos cinco anos poden complicar e moito a xestión de Alan García. Humala partía da nada e hoxe ten por diante a formación dunha ampla fronte nacionalista arredor do seu programa.

Dende a dereita, Lourdes Flores, de Unidad Nacional, a gran derrotada neste proceso, lembraba ao novo presidente que gañou o cargo “con votos prestados”. O medo desta dereita tradicional a Humala foi maior que o expresado a García e decantou o resultado final. Pero se García quere superar a fractura social que divide o país, a súa acción política debe tender a man ao seu rival e non ao seu aliado ocasional. A súa xestión debe centrarse na débeda social cos pobos máis pobres do Perú profundo e que moi maioritariamente deron o seu apoio a Humala. Pero será difícil que nos sorprenda.

Superado o pánico ante Humala, persiste o medo a Alán, protagonista dunha das mais cuestionadas xestións gobernamentais da historia do país. Agora volve á Casa de Pizarro acompañado das pantasmas dese pasado (corrupción, hiperinflación, violacións dos dereitos humanos, apropiación do Estado, etc.) que, unha e outra vez, se comprometeu a emendar. Terá a súa segunda oportunidade, pero as ilusións son poucas e as esperanzas sociais están baixo mínimos. Unhas e outras, poida que infundadamente, estaban do lado de Humala. Mal que pese a moitos. E pronto saberemos se tamén el pode aspirar a unha segunda oportunidade.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Latinoamérica



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/06/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta