| Presenza-Opinión |
||||||||
| Prohibido falar de separatismo en Francia! Por Xosé Manuel Figueiras (Xornal, 28/08/2006) |
||||||||
|
Pola contra, no noso estado o omnipresente problema do terrorismo vasco preséntase nos medios de comunicación europeos como unha excepcionalidade, e como un gran problema que ameaza a integridade territorial dun dos membros comunitarios. Pero en realidade non é a única, aínda que dende o punto de vista externo se escenifique como o exemplo máis próximo á secesión dentro dun dos 25 estados membros. A realidade é que os medios de comunicación non lle dan a mesma difusión a un atentado de ETA que a un atentado dos ex-movemento separatista Corsica Viva, aínda que os dous en realidade pretenden o mesmo obxectivo. Nos últimos tempos, a eficacia policial ven sendo a mesma nos dous estados, e non obstante, tal vez un maior apoio popular, ou un proceso negociador máis avanzado co goberno español, ou a menor profesionalidade dos separatistas corsos que sofren “accidentes”con máis frecuencia, fai máis relevante e pertinente, a presencia do exemplo de terrorismo vasco nos rotativos internacionais. O que está claro é que nos dous estados existe un problema, e que tal vez é máis interesante que sone a cacharrada española que o tabú francés. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 28/08/2006 |
||||||||
|
||||||||