Presencia-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros/ Outros
A ONU e o burro apaleado
Por Xosé Manuel Figueiras (Vieiros, 11/09/2006)
 
 

  Sede ONU en Nova York, clic para aumentar
A ONU é por tanto un mecanismo das potencias internacionais para actuar entre bambalinas, sendo permisivos ou intransixentes con quen lle convén. (Foto: Sede da ONU en Nova York).
 
Se a ONU naceu en 1945 co obxectivo de aforrar guerras ás futuras xeracións habería que facer balance das súas achegas e clausurar algunhas das plantas das que se compón a súa ostentosa sé en Nova York. Pero a ONU, que oficiosamente naceu para iso, é dicir evitalas guerras, en realidade tiña a outra función latente, a de limpar conciencias escudándose na falla de consenso internacional para declarar con continuas resolucións a manca de efectividade da comunidade dos actores internacionais.

O alto ó fogo alcanzado no conflito de Oriente medio non é en realidade froito tampouco da mediación internacional da ONU, senón da ineficacia e do malgasto de forzas de Hezbolà e Israel, xa que ningún conseguiu evitalo fracaso, os dous pelexaron e ningún se creu o vencido.

A ONU é por tanto un mecanismo das potencias internacionais para actuar entre bambalinas, sendo permisivos ou intransixentes con quen lle convén. Cando falamos de potencias, temos a ben ser xustos e non podemos deixar de negar a necesidade de pensar na exclusiva potencia que representan os EEUU. Que é no fondo o ventrílocuo que move os membros do boneco sempre e cando non se empantana de máis na súa errada estratexia do “War on Terror”. Iso foi o que aconteceu nos días previos ao alto o fogo no Líbano.

Logo de varios fracasos, entre eles o da incontinencia de EEUU e os seus aliados en Iraq, e do vergoñento escándalo do “Petróleo por alimentos”, o organismo internacional ten máis tocada ca nunca a súa imaxe. Non obstante, non deixou de exercerla súa función principal e encuberta: ser o burro apaleado dos estados na orde internacional. Se non houbese unha ONU deste tipo, habería que creala así. A menos que cheguemos a unha orde internacional onde exista unha verdadeira democracia, con separación de poderes e capacidade efectiva de impoñer sancións a todos. Algo hoxe por hoxe, distante.

 
 

Xosé Manuel Figueiras,
analista do Igadi.

Xosé Manuel Figueiras, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Outros



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/09/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

 

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta