Presenza-Opinión / Oriente Medio Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio
Un bo traspés
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 21/08/2006)
 
 

  Libanés contempla estado ruinoso Sur Beirut, clic para aumentar
Tanta destrución non só foi inútil senón que demostrou unha vez máis que, por ese camiño e a non moi longo prazo, Israel leva as de perder. Está claro que Hezbolá, con Siria e Irán, moralmente, son os vencedores para o mundo árabe, en xeral, e para Líbano e os palestinos en especial. (Foto: Un libanés contempla o estado ruinoso dos suburbios do Sur de Beirut. ©20minutos).
 
Destruir Hezbolá era o obxectivo confesado. Israel non o conseguiu pola mala información, o que é unha novidade: non coñecía as defensas dos guerrilleiros –baixo terra e informatizadas, fóra do alcance da aviación–, nin o poder de certas armas, como os mísiles contra carros, que lle causaron as baixas máis numerosas.

Tanta destrución non só foi inútil senón que demostrou unha vez máis que, por ese camiño e a non moi longo prazo, Israel leva as de perder. Está claro que Hezbolá, con Siria e Irán, moralmente, son os vencedores para o mundo árabe, en xeral, e para Líbano e os palestinos en especial.

Israel vai ter mañá menos seguridade e máis xenreira entre os seus veciños, que ven a posibilidade real de borralo do mapa, e contan ao seu favor co fracaso manifesto da política USA na rexión. E agora tamén cun certo fracaso militar: tanto poderío non ten moita utilidade, tanta destrución serve para ben pouco. É hora da política, da negociación, do pacto. O único camiño que a uns e aos outros lles queda.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Oriente Medio



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/08/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta