Presencia-Opinión / Estados Unidos Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos
Triste Bush
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 02/10/2006)
 
 

  Sesión Congreso Estados Unidos, clic para aumentar
Bush conseguiu que o Congreso aprobase unha lei que é unha das máis grandes vergonzas de toda a historia do ser humano. (Foto: Sesión do Congreso dos Estados Unidos).
 
Nunca ningún país, nin ningún Goberno, procurou legalizar a tortura, sinxelamente porque sería unha vergonza. Ademais de que non é necesario, como ben sabemos. Pero Bush conseguiu que o Congreso aprobase unha lei que é unha das máis grandes vergonzas de toda a historia do ser humano.

Trátase dunha lei que “interpreta” as Convencións de Xenebra para dispoñer que é tortura ou non, que concede aos torturadores liberdade para o seu traballo e que os libera de toda responsabilidade. Nunca o cinismo, nin a hipocrisía, nin a baixeza humanas puideron chegar a lindes tan deshumanizados.

¿Que pasa hoxe nos EEUU para que o medo que o poder transmite paralice a moral de toda unha sociedade? ¿Decátase esta de que a invasión do Executivo está chegando cada vez máis lonxe e vai suplantando os demais poderes do Estado? ¿Tampouco chega a ver o grave risco de que se instale no país un poder nazi ou fascista disposto a actuar á marxe total de calquera lei que se interpoña no seu camiño para chegar ao poder absoluto?

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/10/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta