| Presencia-Opinión |
||||||||
| Novos mercenarios Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 03/07/2006) |
||||||||
|
Só no Iraq pasan de 25.000 axentes, polo que veñen ser a segunda forza de ocupación, por diante do exército británico. As peores violacións dos dereitos humanos proveñen destes novos mercenarios, que nunca se soubo que fosen obxecto de procedementos xudiciais, e ás sociedades que os empregan sempre se lle anovaron os seus contratos. Aos ocupantes non lles convén render contas a ninguén sobre dereitos humanos. Prefiren manter espazos libres de toda norma seguindo a doutrina de Bush, agora invalidada polo Tribunal Supremo, unha vez máis, isto é, a súa obsesión en salientar suposta seguridade sobre liberdade, e estimando que, por iso, son boas e axustadas a dereito as súas decisións. Hitler tamén pensaba así. |
||||||||
|
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 08/07/2006 |
||||||||
|
||||||||