Presencia-Opinión / Estados Unidos Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos
Máis fotos
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 20/02/2006)
 
 

  John Bellinger, clic para aumentar
John Bellinger, asesor do Departamento de Estado, só opuxo que se difundan nun momento en que “contribúen a avivecer o lume en todo o mundo e a orixinar máis violencia”. Ou sexa, que a verdade é a culpable. Para o Departamento de Estado, mellor o silencio, a non verdade.
 
Máis fotos, pero nada novo, agás unha nova proba de que a tortura foi un método xeneralizado do exército invasor de Iraq. Tamén neste caso o seu coñecemento foi impedido de primeiras polo autoridades americanas, e só cando dende Australia se fixeron públicas non tiveron outro remedio que aceptar a súa autenticidade.

John Bellinger, asesor do Departamento de Estado, só opuxo que se difundan nun momento en que “contribúen a avivecer o lume en todo o mundo e a orixinar máis violencia”. Ou sexa, que a verdade é a culpable. Para o Departamento de Estado, mellor o silencio, a non verdade.

Pero en todas partes se cocen fabas, e entre nós a caldeiradas. Isto é o grave: o chamado efecto dominó dos acontecementos. Así ocorre, entre tantas outras cousas, co recorte de liberdades ou coa situación dos dereitos humanos, pois se así tortura o país que di promover eses dereitos e a democracia, ningunha razón hai para que os demais non o fagan. Contra estas perversidades, ¿cantas veces se ergue a voz dos que deberan falar?

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/02/2006
Fernando Pol


Subir