| Presenza-Opinión / Oriente Medio |
||||||||
| Irán e Siria contan Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 04/12/2006) |
||||||||
|
Os dous van esixir que EEUU recoñeza o seu absoluto fracaso militar en Iraq. Irán, sobre todo, non ten présa: sabe que ter as tropas invasoras en Iraq é a mellor garantía para, no suposto dun ataque ás súas instalacións nucleares, responder con toda a contundencia que lle sexa posible. Despois de crear tantas dificultades a eses dous países, EEUU precisa agora da súa axuda para retirarse con certa dignidade. Ao custe militar e económico pode sumarse aínda un custe político de insospeitadas proporcións polas esixencias que van poñer sobre a mesa aqueles dous países con tanta influencia no país veciño. Destruír calquera o fai, pero para construír ao menos cómpre ter ideas. |
||||||||
|
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 04/12/2006 |
||||||||
|
||||||||