Presencia-Opinión / Estados Unidos Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos
Desconcerto xeral
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 26/11/2006)
 
 

  Derribo estatua Saddam Hussein, clic para aumentar
De agora en diante os que defenderon a invasión van dicir, xa o están dicindo, que a desfeita iraquí é debida ao atraso do pobo, á corrupción e a que son inimigos da nosa civilización. E o cinismo vai vir acompañado dunha amnesia xeral. (Derribo polas tropas de EEUU da estatua de Saddam Hussein trala caída de Bagdad o 9 de abril de 2003).
 
Empeza nos EEUU unha campaña de opinión co fin de botarlle as culpas aos iraquís do que lles está pasando: se non poden manterse en democracia, di Ralph Peters, “é a súa traxedia, non a nosa”. Incluso Perle, ideólogo da invasión, di agora que, de ter sabido como foron indo as cousas, non a houbese apoiado.

A campaña xa se iniciou. De agora en diante os que defenderon a invasión van dicir, xa o están dicindo, que a desfeita iraquí é debida ao atraso do pobo, á corrupción e a que son inimigos da nosa civilización. E o cinismo vai vir acompañado dunha amnesia xeral.

Os británicos xa falan de deixar o sur do país dentro de seis meses. E entre as “novas ideas” que Bush agarda, parece que está tamén unha retirada, se ben non se sabe de que maneira. Falouse de que primeiro pasaría a seguridade a tres estados federados –kurdos, sunnitas e xiís– , pero non se decataron de que, na realidade, non é posible, pois uns e outros están mesturados nos tres territorios. Custaralle aos iraquís liberarse de tanta incompetencia.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/12/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta