Presencia-Opinión / Estados Unidos Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos
Cobizas de tirano
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 11/09/2006)
 
 

  Prisión de Guantánamo, clic para aumentar
Non teño a menor dúbida de que Bush ten cobiza de tirano, de exercer o poder absoluto e ser tamén o verdugo dos seus inimigos. Despois do que dixo hai uns días, recoñecendo a realidade das prisións secretas da CIA e defendendo os procedementos á marxe da lei, non hai dúbidas. (Foto: Prisión na base militar de EEUU en Guantánamo, Cuba).
 
Non teño a menor dúbida de que Bush ten cobiza de tirano, de exercer o poder absoluto e ser tamén o verdugo dos seus inimigos. Despois do que dixo hai uns días, recoñecendo a realidade das prisións secretas da CIA e defendendo os procedementos á marxe da lei, non hai dúbidas.

Pero nunha sociedade verdadeiramente democrática, aínda con todas as eivas que se queira, non é tan doado ser un tirano por moito poder que se teña, e é moito o que el ten. O poder xudicial, unha e outra vez, vénlle dicindo non á súa obsesión polos procesos secretos e polos chamados limbos legais á marxe das leis do seu propio país.

A morna actitude do partido demócrata, contribuíndo de maneira pouco explicable a que o poder lexislativo se abaixe, e se rebaixe, diante do executivo, pode explicar que Bush dixera tamén que as prisións secretas e os interrogatorios secretos salvaron moitas vidas. O que quere dicir que se puido acadar ese obxectivo porque el se puxo fóra da lei. Por casos menos graves foron procesados outros antecesores seus.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/09/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta