Presencia-Opinión / Estados Unidos Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos
Bush e a intelixencia
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 18/12/2006)
 
 

  Grupo de insurxentes en Ramadi, clic para aumentar
The New York Times publicou un informe no que se dicía que, despois de catro anos de guerra, a intelixencia dos EEUU consideraba que a chamada “insurxencia” segue sendo un misterio. Ou sexa, que non ten unha idea nada clara sobre o inimigo que está a combater. (Foto: Grupo de insurxentes en Ramadi o 5 de decembro de 2006).
 
O día 14 deste mes, The New York Times publicou un informe no que se dicía que, despois de catro anos de guerra, a intelixencia dos EEUU consideraba que a chamada “insurxencia” segue sendo un misterio. Ou sexa, que non ten unha idea nada clara sobre o inimigo que está a combater. O que explicaría moitas cousas.

Non hai un coñecemento fiable sobre a organización, mando, financiamento e operacións das milicias, nin tampouco da súa relación coas forzas de seguridade do goberno. E fálase tamén do fracaso dos funcionarios de intelixencia para penetrar na guerrilla sunnita, ou para explicar o crecente poder das milicias xiís.

Ademais, parece fóra de dúbida, di ese xornal, que un dos mellores negocios para os iraquís é vender á CIA e á intelixencia militar información manipulada ou errónea –o que tamén explicaría moitas cousas. Se todo isto é así, un non se explica como Bush segue barullando e contando historias sobre unha vitoria despois de “rematar o traballo” –aínda que fose elixido por Deus para facelo.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/12/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta