| Presencia-Opinión |
||||||||
| Baixo sospeita Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 26/06/2006) |
||||||||
|
É lóxico que o senador demócrata, Patrick Leahy, dixera que “cómpre saber que está facendo o noso goberno para espiar aos estadounidenses”. As explicacións de Cheney, e outros, non dan razóns e só se limitan a dicir que as decisións son legais porque non tenden máis que a mirar pola seguridade dos cidadáns. Primeiro creouse o medo e logo a inseguridade. E a xente creu no primeiro e acreditou na segunda. E xustifica calquera medida se os libera de ámbolos dous. Pero unha democracia baixo sospeita pode chegar a ser dubidosa. E se esas medidas seguen, á parte do efecto dominó que ao cabo teñen, é claro que o risco de golpe de estado permanente é un feito. E a democracia, que tanto ten custado e custa ir construíndo, vai recuar. |
||||||||
|
Xosé Luís Franco Grande é escritor. |
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 29/06/2006 |
||||||||
|
||||||||