Presencia-Opinión / Estados Unidos Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos
As outras torturas
Por Xosé Luís Franco Grande (La Voz de Galicia, 05/06/2006)
 
 

  O día a día en Bagdad, clic para aumentar
Cada vez é máis claro que no Iraq están escribíndose hoxe as páxinas máis tenebrosas que pode escribir o ser humano, un ser humano cheo de miseria espiritual, de indignidade e de brutalidade propias de instintos carniceiros e primitivos. (Foto: Escena da vida cotiá en Bagdad desde a invasión).
 
Dise que no Iraq hai entre 5.000 e 15.000 desaparecidos dos que non se sabe nada. Os iraquís din que agardaron 23 anos para dar cos ósos dos parentes nas fosas comúns de Sadam e que agora van ter que agardar outro tanto para dar cos desaparecidos despois da invasión.

Esta situación é moi grave: non se sabe onde están os presos, nin se están vivos ou mortos, cando parece que chega unha noticia que permite unha certa esperanza resulta que é negada polas autoridades, moitas prisións son secretas, mandan calar con ameazas aos que ousan preguntar, a extorsión é moeda común a todos os niveis...

Cada vez é máis claro que no Iraq están escribíndose hoxe as páxinas máis tenebrosas que pode escribir o ser humano, un ser humano cheo de miseria espiritual, de indignidade e de brutalidade propias de instintos carniceiros e primitivos. Se un chegou a pensar que o Holocausto e o Gulag son pasado, trabucouse. Iraq lémbranos unha vez máis que somos os humanos un becho perigoso. E ao mellor sen remedio, por non mellorable.

 
 

Xosé Luís Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Estados Unidos



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/06/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta