Presenza-OpiniónVolver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
Suicidas “británicos”
Por Xosé Luis Franco Grande (La Voz de Galicia, 25/07/2005)
 
 

  George Galloway, clic para aumentar
Se enriba lle engadimos que ese país contribuíu e contribúe cos seus exércitos á ocupación e á humillación doutros países irmáns, é claro que, como dixo o deputado Galloway, se nós bombardeamos a outro país, este virá a bombardearnos. Vai sendo hora de ver, sen retóricas baleiras, se o terrorismo islamita está atacando os “nosos valores” ou algo máis. (Foto: George Galloway nun panel de televisión en Trafalgar Square durante unha protesta contra a guerra de Iraq en outubro de 2004).
 
É ben sabido que as comunidades musulmáns nunca se integran na sociedade británica, nin na occidental, e seguen coas súas prácticas relixiosas e cos seus costumes. O exemplo de Bosnia debería darnos que pensar, como antecedente e tamén como consecuente. Unha cousa é ser inglés legal e outra ser inglés real.

Quen teña coñecemento dese mundo marxinal (á marxe da sociedade e non por malviviren, que isto pode non ser certo) sabe que o que mellor o caracteriza, sen esquecer connotacións relixiosas, é o noxo visceral que senten polo país que os acolleu, a eles e aos seus pais. Un país que os colonizou e os explotou. E que, doutra maneira, segue facéndoo.

Se enriba lle engadimos que ese país contribuíu e contribúe cos seus exércitos á ocupación e á humillación doutros países irmáns, é claro que, como dixo o deputado Galloway, se nós bombardeamos a outro país, este virá a bombardearnos. Vai sendo hora de ver, sen retóricas baleiras, se o terrorismo islamita está atacando os “nosos valores” ou algo máis.

 
 

Xosé Luis Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 02/08/2005
Fernando Pol