Presenza-OpiniónVolver a TitularesVolver a Presenza/Europa/ Europa
Londres 7-X
Por Xosé Luis Franco Grande (La Voz de Galicia, 11/07/2005)
 
 

  Ataque terrorista a Londres, clic para aumentar
Blair xa tivo, e penso que a segue tendo, a tentación de vender seguridade por liberdade, como os seus amigos neocons, a pesares dunha exemplar resolución dos lores. Quero pensar que alguén haberá que lle faga ver que tal cousa sería o mellor triunfo dos terroristas e o total fracaso dos nosos valores.
 
Tres cousas están claras e as tres non lle dan a razón a Blair: non atacan os terroristas o que el chamou “os nosos valores”, senón a un país que axudou a levar morte, asoballamento e desespero a miles de mulleres, nenos e civís que a hipocrisía agocha baixo o eufemismo de “danos colaterais”.

Atacan a un país que invadiu outro país contra toda norma de dereito internacional, que torturou e tortura ao seu pobo, e que contribuíu a que o uranio empobrecido mate e siga matando no Próximo Oriente para máis alá de mil anos e cree malformacións nos que en todo ese tempo veñan ao mundo.

E a terceira cousa é que a policía ten que poñerse ao día, que xa se ve que non o está, para combater o novo terrorismo. Blair xa tivo, e penso que a segue tendo, a tentación de vender seguridade por liberdade, como os seus amigos neocons, a pesares dunha exemplar resolución dos lores. Quero pensar que alguén haberá que lle faga ver que tal cousa sería o mellor triunfo dos terroristas e o total fracaso dos nosos valores.

 
 

Xosé Luis Franco Grande é escritor.

 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Europa

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/07/2005
Fernando Pol