| Presenza-Opinión |
||
| Modelos para Chile Por Lino Pellitero (Vieiros, 12/12/2005) |
||
|
Ese mesmo 11-S, Sebastián Piñera, asistía ao seu primeiro día de clases na Universidade de Harvard. Quen lle deu a noticia do golpe de estado fora o Profesor Kenneth Arrow, premio Nóbel de Economía. ¿Vostede é chileno verdade? Pois houbo un golpe de estado no seu país. Piñera era partidario daquela de que as forzas armadas interviñeran para corrixir a deriva, que ao seu parecer, tiña collido o país. Mais no plebiscito de1988 sobre a continuidade do pinochetismo, defendeu o non, converténdose posteriormente nun defensor da política económica liberal da ditadura, pero moi crítico coas violacións do réxime militar. A socialista e o conservador moderado, a agnóstica e o católico de misa dominical, a divorciada e o firme defensor do matrimonio de por vida, a médica de vocación e o magnate dos negocios, a admiradora de Zapatero e o devoto de José María Aznar... encaran a segunda volta das presidenciais do 15 de xaneiro centrando a súa maquinaria electoral nun reducido número de temas como:
O magnate Miguel Juan Sebastián Piñera Echenique, que posúe o 29% de Lan Chile, é dono do canle Chilevisión, accións en empresas de saúde, electricidade, comercio e sector inmobiliario, para acometer estes desafíos abre o saco das promesas electorais: Xubilación ás mulleres que traballan no fogar, aumentar un 20% as pensións mínimas e asistenciais, baixar nun 1,% o superávit das finanzas públicas, derrotar a pobreza cun programa de 1.000 millóns de dólares, aumentando os investimentos públicos do 22 ao 28%, a creación dun millón de empregos...mais contradictoriamente, ao mesmo tempo, se compromete a reducir o tamaño do estado e a minguar o papel regulador da actividade privada que desempeña o estado. Namentres, a sucesora de Ricardo Lagos, que inicialmente tratara de obviar na campaña a figura do seu predecesor, tratará de rentuar o capital político que deixa un presidente co 71% de aceptación. Bachelet, insiste cansinamente, en argumentar que a desigualdade ten a orixe no sistema económico ultraliberal que deixou en herdanza o réxime pinochetista. As tímidas promesas da representante do sector máis radical do Partido Socialista, semellan caracterizadas polo rigor de quen é sabedora de que ten moitas posibilidades de instalarse no Palacio da Moeda, e non pode ofrecer imposibles: porá en marcha subsidios aos empregos para mozos e mulleres; reformará o sistema privado de pensións que só pode garantir pensión mínima para o 45% dos traballadores; flexibilizará pero manterá o superávit estrutural; conxelará os impostos; avanzará na integración rexional cos países veciños... Resulta paradoxal que durante a primeira volta das eleccións do 11 de decembro, fosen os candidatos da dereita os que fixesen máis promesas redistributivas da renda, e acusasen ao goberno da concertación de “insensibilidade social”. Bachelet representa a un socialismo chileno que ten unha base social de seu, pero que debe contar coa Democracia Cristina, que conforma a Concertación, para poder triunfar nas eleccións. Un socialismo que pode gañarlle á dereita nunha sociedade culturalmente moito máis conservadora e machista que a de moitos países latinoamericanos. Ten a grande sorte de que a ortodoxia económica que practica non lle provoca as fracturas que provocan ese tipo de políticas en partidos como o PT brasileiro ou o Frente Amplo uruguaio, quizais porque saben que os sectores económicos adictos ao pinochetismo, aínda son fortes e teñen estrutura política, económica e mediática moi robusta. O 11-D a suma dos candidatos da dereita Lavín da UDI (Unión Democrática Independiente) e Piñera da RN (Renovación Nacional), superaron, por primeira vez dende a caída da ditadura, aos votos da concertación nas Presidenciais, aínda que non a suma da Concertación e a coalición esquerdista Juntos Podemos Mas de Tomas Hirsch (5,81%), nin no Congreso e o Senado, no que a concertación terá maioría. No duelo de cincuentóns da Ballotage do 15 de xaneiro, o modelo de redistribución da riqueza está en xogo. Para a sociedade chilena, ese día, pode cambiar moito máis que o feito de ter unha muller presidente, por primeira vez na historia do país. |
||
|
||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 13/12/2005 |