| Presencia-Opinión |
| Bush con Rumsfeld Por Xosé Luis Franco Grande (La Voz de Galicia, 16/05/2004) |
|
Rumsfeld descúlpase. Pero non dimite. Que é como se non se desculpase. Quen así vai pola vida nin ten piedade nin tampouco arrepentimento. Iso non é o seu. De haber sancións, que as haberá, non van chegar a el, por máis que sexa o máximo responsable do que pasou e pasa en Irak. E que coñecía moi ben dende hai moito tempo. Pero o caso envolve tamén a Bush, pois, despois de saber que Rumsfeld non o informou a tempo do caso das torturas, e logo de facer o ridículo dicindo que o soubo pola prensa, ou pouco menos, mantén que o secretario de Defensa está facendo un brillante traballo. De onde se segue que un e outro están metidos de cheo no mesmo escándalo. Por menos outros foron botados do poder. Pero hai dúbidas de que isto ocorra nos EEUU, que pode aturar a un dirixente que determina que presos poden estar amparados ou non polas convencións internacionais. E o país non se sente emporcado nin degradado. Custa moito admitir que non estea pedindo o alivio do cambio. Como nos pasou a nós. |
|
Xosé Luis Franco Grande é escritor. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/05/2004 |