| Presencia-Opinión |
||||
| A viraxe de Putin cara Asia Central Por Roberto Mansilla (Canal Mundo, 23/11/2004) |
||||
|
A efectos de definir esta estratexia, a reelección de George W. Bush foi percibida no Kremlin con certa satisfacción, a teor da amizade existente entre ambos mandatarios, que tamén permitirá reafirmar as posicións hexemónicas e os interese rusos en diversas áreas. Do mesmo xeito, o nomeamento de Condoleeza Rice como nova secretaria de Estado convenceu a Moscova da continuidade na unilateral política exterior de Bush. Neste aspecto, Putin espera estreitar con Bush novos acordos e alianzas, enmarcados principalmente na loita contra o terrorismo pero definidos sobre a base dun activo papel de Rusia nas decisións e crises internacionais. O Cumio Asia-Pacífico celebrado o pasado fin de semana en Santiago de Chile, permitiu este acercamento dunha nova “realpolitik” entre Moscova e Washington, que tamén extendeuse cara Beijing, coas xuntanzas persoais entre Putin, Bush e Hu Jintao. A crise nuclear de Corea do Norte e Irán foi abordada polos tres mandatarios, nun escenario que semella clave nos próximos catro anos de administración republicana. Nembargantes, Moscova tamén ten intereses específicos e estes non son exactamente similares aos de Washington e Beijing. Putin persigue como obxectivos principais a seguridade militar cara o terrorismo e os extremismos en países fronteirizos con Rusia; unha nova asociación económica con Kazajstán, Kirguizistán, Turkmenistán e Uzbekistán, no espazo da Comunidade de Estados Independentes, que permita reafirmar a influencia comercial rusa; o mantemento e apertura de novas bases militares, ademais de convenios de seguridade, en Kirguizistán, Tadyikistán e Uzbekistán, coa finalidade de contrarrestar a dobre presenza militar estadounidense e china; e aproveitar os recursos gasíferos e petroleiros do Mar Caspio e a súa distribución, por territorio ruso, cara Occidente. Neste apartado, o control das redes dos oleoductos e gasoductos semella imprescindíbel, así como a subscrición de convenios de explotación que deixan a estes países atados aos imperativos rusos. E Putin manexa hábilmente o arma petroleira: cos prezos do cru elevados, as reservas rusas boiantes e o control interno cara os oligarcas, manifestado trala caída de Yukos, o Kremlin observa con mais facilidade un escenario proclive a construir unha rede de influenza nos fronteirizos países centroasiáticos. O argumento principal de Putin para xustificar a súa estratexia consiste en facer crer que ninguén como Rusia coñece a realidade e as necesidades desta ampla rexión, que tamén inclúe o Cáucaso. A previsibel ampliación da OTAN cara o Leste europeo e algúns países do Cáucaso como Xeorxia e Armenia, tamén xoga como elemento disuasorio para Moscova, necesitada dunha nova plataforma de alianzas en materia de seguridade rexional nun novo espazo xeopolítico. Se ben Putin manifesta un marcado apoio á política antiterrorista de Bush, non esperaba unha prolongada presenza militar estadounidense en Afganistán. Velaí a súa recente estratexia de acercamento á veciña Uzbekistán, país que conta cunha base militar estadounidense e que nestes momentos mantén frías relacións con Washington. No que respecta a Afganistán, a absorbente influencia rusa na veciña Tadyikistán permítelle intervir indirectamente nos asuntos afganos. Para Putin, manter a súa influencia na etnia tadyika supón unha xanela aberta cara a Alianza do Norte afgano, conglomerado de señores da guerra conformado por membros das etnias tadyika, uzbeka e kirhiza e que foi sumamente importante na loita contra os talibáns. Esta alianza mantén actualmente un pulso político cara a etnia pashtún gobernante en Kabul, dentro dun complicado xadrez político afgano que ten ao recentemente electo presidente Hamid Karzai como principal peón estadounidense. Tampouco pódese esquecer a actual crise nuclear con Irán, un país en ascenso en canto aos seus intereses xeopolíticos. Rusia é o principal valedor do programa nuclear iraní que Washington desexa controlar, a través da AIEA. O réxime iraní síntese acosado por EEUU e busca novas alternativas exteriores. Ademais, Teherán mantén certa influencia na política afgana, aínda que con menores opcións. Un retorno á “realpolitik” entre Washington e Moscova? Rivalidad ruso-norteamericana en Asia Central ou unha política de comenencia? O mundo da post-guerra de Iraq apunta a un reacomodamento das claroscuras relacións entre o Kremlin e a Casa Branca. |
||||
|
Roberto Mansilla Blanco é analista do IGADI. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 23/11/2004 |