Leer el artículo en castellanoPresencia-OpiniónVolver ó índice / Outros
A crise do petróleo
Por Por José F. Pérez Oya (Canal Mundo, 01/06/2004)
 
 

Os medios de difusión de masas fixéronse recentemente eco do que se deu en chamar a terceira crise petrolífera. A atención dos medios se centrou no efecto que poida ter unha máis que probable suba de prezos do cru sobre os niveis de actividade económica e nos veu ilustrando cunha gran profusión de datos sobre a elasticidade que os prezos teñen sobre a actividade, distinguindo frecuentemente entre áreas desenvolvidas diversas, e facendo referencias á incerta incidencia da guerra de Iraq, ou á imbricación do vello temido e externo terrorismo cunha evidente loita de liberación nacional, moi evidente no caso do arcaico, oligárquico e opresivo réxime saudita.

Anque todos estes factores son de gran alcance, quixera referirme a un escasamente mencionado e de gran transcendencia É o seguinte que puntualizamos en varios puntos:

A.- A primeira crise se produciu nun ambiente de paz e a renda oligopolista da OPEP deu como resultado a grandiosa circulación dos chamados "petrodólares" que, reciclados polo sistema financeiro occidental, serviron ós investimentos dos países pobres que, á larga e debido ás usurarias fluctuacións de intereses deron lugar ao desastre das débedas ruinosas que todos coñecemos.

B.- A nova crise se produce nun momento en que existe un exceso de capacidade en moitas ramas dos países ricos, unha crise de crecemento lento non resolta, e un endebedamento externo dos países pobres que pesará adversamente sobre a súa capacidade importadora e de financiamento da súa, case irresistible, onerosa, débeda.

C.- Nesta situación é imposible imaxinar, con raras excepcións, como poden ser Rusia ou Venezuela, que a transferencia keynesiana de ingresos cara os países productores poida manifestarse nun aumento do gasto nacional ou nun aforro financeiro que de lugar a unha nova transferencia de recursos cara o consumo ou la inversión doutros países.

É por todo o anterior que esta nova crise pode revestir un carácter novo de gran gravidade, no que non se leva insistido. Iso é probablemente debido ás serias ameazas que pesan sobre nós –de carácter bélico xeopolítico– e que nos fan temer conflictos máis estendidos e perigosos, consecuentes con políticas de fuxida cara adiante do actual hexemón, e coas existentes tendencias cara neoliberais políticas distributivas, non conducentes a unha ampliación da demanda mundial.

 
 

José F. Pérez Oya.

Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/06/2004
Fernando Pol