| Presencia-Opinión |
||||
| Serbia, Montenegro e a desunión e a abstención Por Jairo Dorado Cadilla (Canal Mundo, 12/10/2004) |
||||
|
Xa na noite Vuchich, o candidato do SRS que segundo as sondaxes perdeu as eleccións por 8 puntos porcentuais, sinalou que é unha derrota máis que aceptable. Esquece votou menos do 40%. Ese é o panorama... pero é a explicación lóxica duna política de transición que empezou doente. A coalición que substituíu a Milóxevich estaba formada por 18 partidos. Nestes catro anos a desintegración de partidos foi brutal. No canto de haber divisións internas, as escisións son comúns: que queira obter un anaco de poder político, forma o seu partido. Danse casos de ex-alcaldes que xa non son nin concelleiros... aínda que o partido co que foron alcaldes gañou as eleccións... ou o que é máis grave... figuras da política nacional, con carteiras de ministro, con forte pulo popular que non son nin deputados. Presa doada este país dun partido radical que chegará a gañar dentro de nada o poder polas urnas. E a paisaxe presenta dous incendios que aínda non prenderon e que demostran o absurdo da actuación da comunidade internacional. Montenegro e Kósovo-Metohija. Montenegro celebrará un referendo de independencia. Ben. Nel votarán só os 600.000 montenegrinos. Mal. Serbia non vota... nin os 800.000 montenegrinos que viven en Serbia. E as sondaxes mostran uns resultados moi clarificadores. Ante a pregunta: desexaría a independencia de Montenegro? A resposta maioritaria en Montenegro foi non. A resposta maioritaria en Serbia foi si. Habería que replantexar ou ben se Montenegro se independiza de Serbia (escinde, segundo pon nos papeis) ou se Serbia debería votar a prol da súa separación de Montenegro. O modelo checoslovaco –que voten todos– nin se pensou. Kosovo: “invito aos serbios de Kosovo-Metohija a participar nas eleccións para escoller as institucións territoriais desta rexión” dixo esta semana Karich tras coñecer os resultados nas locais. Vaites, asinar a aceptación dunha situación de independencia institucional, xusto o contrario do que aconteceu primeiro en Croacia e despois en Bosnia-Hercegovina nos anos 90, cando a celebración dun referendo de independencia significaba celebrar un referendo paralelo a prol da unión con Serbia por parte das minorías serbias destas dúas repúblicas. Boa acción política: se a comunidade internacional pretende recoñecer a independencia de Kósovo-Metohija o vindeiro ano terá un atranco importante: os serbios da rexión recoñecen a administración local, votan nela, existen e opinan, e non crean institucións paralelas. E non só os serbios, senón as outras microminorías da rexión. Ademais, a problemática é paralela e é aplicábel a outras situacións: se A separase de B, conta a opinión de B? En Montenegro A non se quere separar e B quere que se separe. En Kósovo-Metohija, B non quere a separación de A... e non se lle pregunta a todo A se se quere separar. |
||||
|
Jairo Dorado Cadilla é colaborador do IGADI. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/10/2004 |