| Ucraína pasa á segunda volta Por Alexis B. Romanov (Canal Mundo, 02/11/2004) |
|
As derradeiras sondaxes da opinión pública que se fixeron antes da votación, deixaron resultados case idénticos pero con síntomas –por dicilo así- inversos: máis do 40% para o vencedor –Yúschenko ou Yanúkovych, segundo a empresa que publicaba os datos- e menos dun 40% para o perdedor. Nas rúas, a victoria de Yúschenko semellaba case segura, a pesar de que a publicidade facíase case en exclusiva a favor do candidato do poder. Difícilmente se podería atopar quen apoiara un primeiro ministro con antecedentes penais. O estado maior electoral de Yúschenko estaba seguro de que en Kiev iban a votar por él o 80% e só un fraude podería explicar resultados diferentes. O índice de participación dos electores situouse entre un 60 e un 75%. As autoridades tamén se amosaron moi activas. Para evitar asaltos á Comisión Central do Escrutinio e os órganos do poder central, concentraron a milleiros de policías e soldados do Ministerio do Interior e, incluso, mobilizaron a voluntarios, emitíndolles certificados dun poder cívico de protección da orde pública. Por sorte, puidéronse evitar enfrontamentos, aínda que na atmósfera notábase bastante tensión. E había moitos pretextos para que desembocara en confrontación. De feito, o mesmo día da votación, se informou de numerosas irregularidades. Por exemplo, moitos cidadáns non poideron votar porque non atopaban os seus nomes inscritos nas listas electorais, ou ben porque se remataron as papeletas. Por outra banda, había persoas que en autobuses contratados, percorrían varios colexios emitindo alí os seus votos. É por iso que, un día despois dos comicios, a OSCE os cualificou como “deficientes, sen achegarse aos stándares europeos”. Con tantos resultados disputables, o único que ninguén pon en tela de xuízo é que se celebrará unha segunda votación o vindeiro 21 de novembro, cos dous favoritos da primeira votación, xa que ningún deles obtivo máis do 50% necesario. Tratarase, entón, non só de optar por un dos dous personaxes, tan diferentes, senón por unha das dúas vías de desenvolvemento estratéxico da nación. Durante a súa campaña electoral, Yanúkovych contou co apoio explícito do presidente ruso Vladímir Putin, xa que que propugnaba relacións económicas máis estreitas co “gran veciño do norte”. Para gañar máis votos, o primeiro ministro prometeu conceder ao idioma ruso o status de segunda lingua oficial, e conseguir un acordo de dobre nacionalidade con Rusia, medidas que poñen en perigo a soberanía nacional de Ucraina. Os obxectivos de Yúschenko, quen por certo tamén foi primeiro ministro designado polo actual presidente Leonid Kuchma, céntranse no combate contra a corrupción, a promoción dunha futura integración de Ucraina na Unión Europea, e unha reforma liberal e moderna da economía do país. |
|
Alexis B. Romanov é colaborador do IGADI. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/11/2004 |