Presencia-OpiniónVolver ó índice / Oriente Medio
Trescentos millóns
Por Xosé Luis Franco Grande (La Voz de Galicia, 02/11/2003)
 
 

Non hai dúbida de que poucos nos gañan en fachenda: aportamos para a chamada reconstrucción de Iraq trescentos millóns de dólares. E, por exemplo, a Unión Europea só douscentos cincuenta mil. Algo que lembra aquel chauvinismo salazarista, que nas alfándegas de Portugal poñía o mapa de Angola superposto ó de Europa para que se vise aquel “na súa verdadeira dimensâo”.

Pero o problema aquí é máis grave. Porque os alemáns e os franceses, que tanto esforzo fixeron para que a nosa economía puidese converxer coa europea, con achegas que non sempre se empregaron cunha mínima ortodoxia, empezarán a preguntarse que raro país é este que, sendo perceptor de fondos de cohesión, pode doar trescentos millóns de dólares.

É difícil facer unha política menos hábil respecto de Europa. Como se nada tivésemos que ver con ela. E iso é o que, “sen complexos”, pensa a dereita que nos goberna, como sempre o pensaron tódalas dereitas de tódolos tempos que aquí teña habido. Tocante a Europa, a dereita foi sempre arredista.

 
 

Xosé Luis Franco Grande é escritor.

Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/11/2003
Fernando Pol