| Presencia-Opinión |
| ¿Posguerra ou guerra? Por Xosé Luis Franco Grande (La Voz de Galicia, 27/07/2003) |
|
Vai errado quen pense que a morte dos fillos de Sadam é un fito na posguerra do Iraq. Ou a posible captura deste, vivo ou morto. Hoxe xa non é ese o problema. Porque este está naquela especial sociedade, na que poder e relixión vén sendo o mesmo. Porque outro erro é pensar que nese país había unha sociedade laica, porque non é certo. A realidade é moi outra: trátase dun país, non só de moi forte presencia relixiosa de dúas tendencias distintas, un verdadeiro poder, senón tamén no que esas tendencias se sentiron liberadas coa desaparición do sátrapa. E que, aínda que por moitas razóns contrapostas, veñen coincidir no seu islamismo, o que as afasta de calquera idea de país laico. Ben se ve que as dúas converxen en refuga-la presencia dos invasores. Tampouco lles entusiasma o Consello de Goberno amañado por estes. Unha sociedade ben complexa que non parece que comprendan as mentalidades simples do Pentágono. Por iso lles resulta tan difícil a paz -como se aínda non soubesen moi ben onde están. |
|
Xosé Luis Franco Grande é escritor. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 10/08/2003 |