Presencia-OpiniónVolver ó índice / Oriente Medio
Enganos
Por Xosé Luis Franco Grande (La Voz de Galicia, 19/10/2003)
 
 

Tardaron ben os americanos en se decataren do fraude de Bush en relación con Iraq, de que os enganou, de que a guerra só era necesaria para el e os seus amigos. Empezan a ver que os mortos que chegan de tan lonxe foron a outra misión que nada ten que ver co altruísmo democrático. E ademais a un custe que o país non pode aturar.

“O presidente enganounos. Non fomos a Iraq a levar democracia e prosperidade, e o máis irónico é que ... hoxe estamos máis en perigo que cando rematou oficialmente a guerra”. Son palabras de Jay Rochefeller. Por iso di o aspirante demócrata a presidente, John Kerry, que cómpre volver á ONU e pedir axuda con formas máis humildes.

A guerra de Bush, informa USA Today, deprime tamén ós soldados americanos, a tal punto que os suicidios destes andan xa por 17 sobre 100.000, máis do dobre do que ocorría antes da guerra. E á parte, 478 volveron ás súas casas por depresión. Agora só nos queda confiar que a sociedade americana empece a estar farta, ó cabo, dos seus gobernantes.

 
 

Xosé Luis Franco Grande é escritor.

Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/10/2003
Fernando Pol