Presencia-OpiniónVolver ó índice / Oriente Medio
Democracia
Por Xosé Luis Franco Grande (La Voz de Galicia, 17/08/2003)
 
 

Paréceme que os teóricos neoconservadores que tanto estiman no Pentágono non leron a Tocqueville, autor que tanto debera interesar no seu país. Terán lido a Hobbes, pero non parece que teñan lido ó barón francés, e moito menos afondado nel. Porque dende o señor de Tocqueville sabemos que a democracia xorde e xermola do desenvolvemento das sociedades avanzadas e non da imposición dende arriba.

O que explica moi ben, entre outras cousas, que o suposto intento de leva-la democracia ó Iraq, se alguén o cre, non sería senón unha ilusión e uns ilusos os que o pensen. Do mesmo xeito que explica o xeral fracaso das democracias impostas por decreto en África, e noutras partes, a países tribais ou con sociedades primitivas. Convén non esquecelo. Non estaría mal que os Kennan, os Kagan, os Brzezinski, lesen con máis sosego a Tocqueville.

E que substituísen a súa arrogancia imperial, como de adolescentes, por un mellor e máis acougado coñecemento da realidade, e, por suposto, desta nosa vella Europa.

 
 

Xosé Luis Franco Grande é escritor.

Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/08/2003
Fernando Pol