| Presencia-Opinión |
| Afganistán Por Xosé Luis Franco Grande (La Voz de Galicia, 14/12/2003) |
|
Despois de case dous anos Afganistán é un país e unha cuestión esquecidas, como tantos outros que tiveron que aturar semellantes “xestas heroicas” do hexemón mundial, tamén democratizados de maneira semellante á que agora se nos propón para Iraq. Pero a xente xa esqueceu tanto ben, tanta democracia, tanta liberdade. Mais todos sabemos que a resistencia talibán continúa e que, ademais, parece cada día mellor organizada, que as súas operacións de resistencia son case diarias, dende atentados ou emboscadas a secuestros de traballadores estranxeiros. Polo que o exército americano multiplica as súas operacións ó chou e confunde grupos de nenos con terroristas. Feitos que levan a un descrédito total do país invasor, que non conta con máis apoio interior que o dos chamados “señores da guerra”, grupos tribais que teñen os seus exércitos, non para poñelos ó servicio do país, senón dos seus propios intereses. Unha situación como para ser optimistas. Moito ben, moita democracia, moita liberdade. |
|
Xosé Luis Franco Grande é escritor. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 24/12/2003 |