| Orwell e Bush Por Roberto Mansilla Blanco (Canal Mundo, 08/07/2003) |
|
Resulta paradoxal algunhas noticias que se poden observar diariamente. Nestes días en que se cumpren 100 anos do natalicio do visionario escritor británico George Orwell, a denuncia que realizara sobre a naturaleza dos sistemas totalitarios no seu libro “1984”, parece ter vixencia neste novo século, de avances tecnolóxicos e das liberdades. Nun momento en que EEUU se ve inmerso na súa política de guerra antiterrorista, o Pentágono acaba de anunciar que está desenvolvendo un sistema de vixilancia baseado en ordenadores e miles de cámaras para rastrear, gravar e analizar, movementos de todo tipo, como por exemplo, o dun vehículo e os seus pasaxeiros nunha cidade estranxeira. O ultra segredo programa de espionaxe, denominado de maneira tan rimbombante e militarista como “Zonas de combate que ven” non está exento de polémica en EEUU por aquelo de que, en tempos de política de “maior seguridade, menos liberdades”. A idea está concibida para axudar ao exército de EEUU a protexer ás súas tropas e combater en cidades estranxeiras. Para o Pentágono, o proxecto ten sentido, a tenor da complicada posguerra que padecen en Iraq e do diario rosario de ataques contra tropas estadounidenses. Non hai que esquecer que George W. Bush viu premendo a Irán practicamente polos mesmos motivos que tivo contra Saddam Hussein: armas de destrucción masiva e vínculos co terrorismo. Do mesmo modo, Washington está estudiando seriamente enviar tropas a Liberia, país africano asolado por un cruento dictador e unha sanguenta guerra civil. A lembranza de Somalia aínda provoca pesadelos no Alto Mando estadounidense. Sen dúbida que o “superministerio” de Seguridade Interior, creado pola administración Bush o ano pasado cun alto orzamento, 22 axencias e 170.000 empregados, terá moito traballo agora para espiar arredor do mundo, na busca de terroristas e ameazas á seguridade nacional estadounidense. Xa o ano pasado, Bush aprobou un plan de espionaxe informática, cunha tecnoloxía que permitía rastrexar información confidencial a calquera tipo de ordenador en calquera lugar do mundo. Seguindo en materia militar, o Pentágono tamén acaba de anunciar o desenrolo dun avión supersónico capaz de entrar en acción en a penas dúas horas desde calquera base en territorio estadounidense (menos as illas Hawai e Alaska) e nun radio de acción de ata 11.000 km. Isto diminuirá a dependencia estadounidense das bases militares que ten no exterior, o que aproximaría a Washington á autosuficiencia en materia de seguridade. Se espera que este proxecto cunda en 20 anos. Con toda esta tecnoloxía, EEUU estaría máis preto do ideal orwelliano do Gran Irmán “que todo o ve”, que os mesmísimos réximes totalitarios do século XX que Orwell coñeceu de cerca e tanto denunciou: o nazismo e o stalinismo. Se a isto agregamos que Bush acaba de anunciar a diminución de axuda e cooperación militar a aqueles países que non ratifiquen a cláusula estadounidense de inmunidade aos seus soldados que actúen en misións internacionais, estamos falando de que o proxecto de Imperio USA para o século XXI camiña a pasos axigantados. |
|
Roberto Mansilla Blanco é investigador do IGADI. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/07/2003
|