Presencia-OpiniónVolver ó índice / África
Guinea en movemento
Por María del Mar Gómez (Canal Mundo, 29/07/2003)
 
 

Novamente Guinea Bissau loita por participar no mundo. Durante estes últimos quince días dedicouse a recadar recursos económicos e materiais que lle permitan desenvolver certas iniciativas programadas polo seu goberno na consecución dun maior desenvolvemento e unha maior integración na realidade que a rodea.

Neste senso cabe destacar a contribución feita pola Organización para a Alimentación e Agricultura das Nacións Unidas, FAO, que se comprometeu, a traveso do seu representante na zona, a conceder 150 mil dólares a este país africano para facer fronte o problema da fame. Eses fondos servirán para cubrir a compra de equipamentos agrícolas, sementes, fertilizantes...

Ademais, e dunha vez por todas, parece que o problema da celebración das eleccións lexislativas se vai solucionando. A Unión Europea puxo a disposición do goberno guineano un 1.200.000 euros para apoiar os comicios previstos para o 12 de outubro. En troques a Comisión Europea esixiu as autoridades do país a celebración dun proceso eleitoral en igualdade de condicións para todos os que participen e o máximo respeto os principios democráticos. A cantidade mencionada sumada ós 2.500.000 dólares concedidos pola, Unión Económica e Monetaria do Oeste de África, UEMOA, e os 900 mil dólares do, Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, PNUD, ademais da doazón de material de apoio por parte de Portugal parecen achegarse significativamente ós 5 millóns de dólares que as autoridades guineanas estiman necesarios para cubrir os gastos do proceso.

Ademais o goberno do país tivo tempo para criticar o golpe de estado que tivo lugar recentemente noutra excolonia portuguesa, Santo Tomé e Príncipe, alegando que que se no se respetan os valores da democracia a estabilidade en África será unha meta inalcanzable.

Pero ademais de plasmar as súas necesidades os guineanos tratan de axudar na formación da estabilidade do continente da que tanto se fala ultimamente, e que tan necesaria é para o desenvolvemento da zona. De feito un continxente militar de 650 tropas guineanas que formarán parte da misión de paz da CEDEAO, Comunidade Económica dos Estado de África Occidental, que será enviada a Liberia, está acuartelado no norte do país para unha intervención inmediata na área en conflicto.

Lembremos que Liberia está a sufrir violentos combates que enfrontan a tropas gobernamentais e rebeldes na capital do país, Monrovia. Defensores e detractores do presidente Charles Taylor, no poder dende o 96, e coñecido polo seu sanguento pasado, están a provocar ademais de centos de mortos un número significativo de exiliados.

 
 

María del Mar Gómez é investigadora do IGADI.

Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/07/2003
Fernando Pol