| Presencia-Opinión |
| Cabo Verde: tempos de mudanza Por María del Mar Gómez (Canal Mundo, 15/04/2003) |
|
O programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento, PNUD, outorgou 225.000 dólares ao goberno de Cabo Verde para axudalo no desenvolvemento da súa democracia, coa intención de preservar a paz e a estabilidade do arquipélago. Os dirixentes caboverdianos tentarán con este apoio reforzar o aparello do estado e implicar ó maior número posible de grupos, sociais, políticos, etc, na elaboración das estratexias a seguir á hora de enfrontar un desenvolvemento sostible e duradeiro. Eses son os puntos tratados no foro de reflexión sobre as transformacións económicas do país celebrado en Praia. O presidente da república, Pedro Pires avogou por un desenvolvemento asociado á solidariedade social e ao reforzo da soberanía nacional. Os cambios propoñense en tódolos ámbitos, e o revulsivo sacude tamén ás instancias políticas. O Partido Africano da Independencia (PAICV) propón a reducción en sete puntos dos círculos electorais, pasando de 17 a 10. Con isto o que pretenden é cada illa sexa un círculo electoral, non sendo Santiago que polo seu tamaño (a máis grande) tería dous. No código electoral deste país africano, vixente dende 1999, cada círculo electoral correspondía a un concello ou división administrativa de Cabo Verde. Ademais este partido pide que se amplíe o período que vai da primeira á segunda volta das eleccións presidencias, que pasaría de 15 a 20 días. Outros partidos están máis preocupados polos negativos efectos da excesiva centralización que se da país. Ao MpD (Movemento para a Democracia) preocúpalle o problema da asimetría derivado desa centralización. Praia é un claro exemplo dese fenómeno, cunha poboación que supón a cuarta parte da poboación total do país. Por iso propón a rexionalización como medio de reorganización. De feito, PNUD e Goberno están a discutir o modelo de descentralización. Elaboraron ademais un documento no que se destacan os progresos levados a cabo pola dirixencia caboverdiana, sobre todo no tocante á modernización da administración municipal. As propostas de reforma e os futuros procesos electorais marcan a actualidade política do país africano. Nas eleccións municipais que terán lugar en 2004, o Movemento para a Democracia invístese como gañador. Esta formación política pretende gañar as Cámaras Municipais que perdeu, repetir nas que xa ten e incluso gañar nas que nin sequera obtivera representación. Para evitar o fraude, o escrutinio foi encargado a un órgano neutral. Un aspecto que tamén pode afectar ós comicios é a declaración (aínda non
pública) feita por A súa victoria significou o control parlamentario e presidencial para o PAICV. Este partido introduciu o sistema multipartidista no 91 e defínese como de centroesquerda. Pola contra o goberno anterior do MpD, con Carlos Veiga á fronte, introduciu reformas económicas nas illas e unha forte liberalización moi influída polo Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional. |
|
María del Mar Gómez é investigadora do IGADI. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 12/04/2003 |