| Presencia-Opinión |
| Ucraína en Europa: amizades e reformas Por Alexis B. Romanov (Canal Mundo, 17/06/2003) |
|
A semana pasada o Presidente de Ucraína Leonid Kuchma celebrou unha entrevista informal co Presidente da Comisión Europea, Romano Prodi, en Bologna (Italia). O servicio de prensa da Administración Presidencial en Kíev non revelou detalles acerca do contido das conversas sostidas en Italia, pero a Unión Europea non se amosa propensa a concretar as perspectivas do acercamento de Ucraína a Europa e o Presidente medra en dificultades para demostrar que o seu anunciado rumbo cara Europa é máis prioritario e da máis resultados que as súas relacións con Rusia. O portavoz do Ministerio de Exteriores ucraíno se apresurou a declarar que as relacións sinceras de amizade entre Prodi e Kuchma son unha das garantías seguras dunha exitosa integración de Ucraína na Unión Europea. As pretensións do Presidente e dos que lle serven non parecen ter moito que ver coa realidade práctica. Por exemplo, o recen aprobado plan da Unión Europea para o desenvolvemento das relacións baixo o título de “Unha Europa máis ampla“ non fai mención algunha dunha integración de Ucraína. O prestixioso semanario Dzérkalo Tyzhnia comenta ao respecto que “non son as relacións de amizade entre líderes de estados unha garantía fiable para a integración de Ucraína na UE, senón a disposición da UE a ver Ucraína entre os seus membros e, o que é máis importante, a implementación de reformas de mercado e a democratización da sociedade por parte de Kíev”. É neste último aspecto que Ucraína non pode ofrecer moitos avances. Xustamente as iniciativas de Kuchma para reformar o sistema político conduciron á formación no Parlamento e na sociedade dunha oposición aberta ao seu réxime e provocaron preocupación en Occidente xa que nas iniciativas se discernía o desexo de Kuchma de prolongar o seu poder restrinxindo as competencias doutros ramos do poder. Para Dzérkalo Týzhnia o tema da semana foi a reunión do Presidente cos líderes de grupos parlamentarios, que comenta baixo o título de “Unha reforma estancada”. O Presidente non deixou coñecer o contido do seu novo proxecto de reformas que debe proximamente someter ao Parlamento. Para isto está disposta, segundo dixo aos medios na rexión de Rivne, a renunciar á súa idea dun parlamento bicameral, un dos piares das súas iniciativas reformadoras. Tampouco se propón insistir na aprobación dunha serie de cuestións que atinxen á reforma política mediante un referendo nacional, que é un recurso previsto para introducir cambios na Constitución. Tamén se amosa contrario a introducir un modelo de eleccións proporcionais, insiste na necesidade de celebrar eleccións presidenciais, parlamentarias e municipais nun ano e manter a súa autoridade para designar os ministros de defensa, interior, xefes da seguridade do Estado e outros departamentos de forza sen consultar ao Primeiro Ministro ou ao Parlamento. Mentres que o Presidente aínda non deu por rematado o seu proxecto de reforma política, no seo do Parlamento xa existe un que se basea en conceptos ben diferentes da visión presidencial. Segundo este, o Primeiro Ministro debería designarse polo Parlamento a proposta do Presidente e ser representante da forza política con maior número de escanos no Parlamento. O Primeiro Ministro presentaría a composición persoal do Goberno para a súa designación coordinando co Presidente soamente as candidaturas de Interior, Defensa, Situacións de Emerxencia e do Exterior. As competencias do Presidente se verían limitadas á selección dos xefes da seguridade do Estado, a protección da fronteira, a política antimonopolista e a televisión e radiodifusión. O Presidente quedaría obrigado a firmar actos lexislativos dentro do prazo establecido, noutro caso os asinaría o presidente do Parlamento, non podería vetar os proxectos de lei que introducen cambios na Constitución, e as competencias do Parlamento non poderían ser canceladas durante un ano a partir do seu voto de desconfianza ao Presidente. Concluíndo, que non haberá reforma de non coordinarse as posicións dos principais actores, o Presidente e o Parlamento, e que igualmente será moi difícil ensamblar os dous proxectos. O semanario cita un comentario político: “Se sinte que proximamente todo se arruinará pero non está claro quen o arruinará. Tampouco está claro quen será o primeiro en ser aplastado ...”. |
|
Alexis B. Romanov é colaborador do IGADI. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 17/06/2003 |