Presencia-OpiniónVolver ó índice / Europa
Ucraína: As dúbidas de Yúschenko
Por Alexis B. Romanov (Canal Mundo, 16/04/2002)
 
 

A pesar dalgunhas irregularidades (99 candidatos reclamaron a revisión dos resultados en 50 distritos que a Comisión Electoral Central invalidou en dous casos e ordenou un novo cómputo en cinco), as eleccións do 31 de marzo pasado foron cualificadas, tamén polos observadores internacionais, como as máis democráticas da Ucraína independente.

Polos partidos políticos e bloques electorais votaron case un 70 por cento dos electores. O bloque “A nosa Ucraína” do antiguo primeiro ministro Víktor Yúschenko gañou un 32 %, o PC un 26%, o bloque propresidencial “Por unha Ucraína Unida” un 16%, o bloque da antigua viceprimeiroministra Yúlia Tymoshenko un 9%, o Partido Socialista tamén un 9%, o Partido Social-Demócrata de Ucraína (Unificado) obtivo un 8% dos votos superando a barreira do 4% para entrar no Parlamento. Os resultados da votación por distritos maioritarios modificou o cadro inicial ata o extremo de case situar en cabeza ao bloque propresidencial, que xunto con 79 dos 93 diputados independentes, pretende por boca do seu líder, Voloýmyr Lytvýn, ocupar 180 escanos. Aínda neste caso, para acadar a maioría absoluta no Parlamento lle faltarían 46 deputados, un obxectivo difícil de acadar mesmo no caso de establecer unha alianza co Partido Social-Demócrata (Unificado), que tamén se sitúa no campo propresidencial.

O bloque de Yúschenko podería formar unha clara maioría no parlamento entrando nunha alianza coa "Ucraína Unida", unha opción expresada por un dos seus líderes, Serhiy Tyhypko, quen sen embargo non quiso entrar en máis detalles. Esta posibilidade non se pode descartar, dado que Yúschenko trata de non perfilarse como un político da oposición e procura non confrontarse abertamente co poder do Presidente Kuchma. Tal alianza regalaría a victoria ao campo propresidencial.

A intención de Yúschenko de non alimentar a confrontación con ninguna das forzas políticas e co poder, priva a súa posición da mínima claridade para prognosticar o futuro político próximo incluso entre os seus partidarios. Dentro do bloque hai algúns que consideran que o máis importante é conseguir que Yúschenko volva a ser Primeiro Ministro, outros avogan por obter carteiras claves no gabinete ministerial. Unha tendencia importante é a de concentrarse en sentar as bases para unha victoria nas próximas eleccións presidenciais.

Yúlia Tymoshenko, que ven gañando prestixio gracias á súa decidida loita contra o réxime de Kuchma, convocou ao bloque de Yúschenko, o Partido Socialista e os deputados independentes para formar unha maioría democrática no Parlamento.

A configuración do mapa político definirase en maio cando se reúna o parlamento de novo para iniciar as súas sesións. Pero a formación duna mayoría é problemática. O campo propresidencial segue a manter fortes posicións, aínda que obviamente non terá a posibilidade de mudar a Constitución para que o actual Presidente poida ser reelixido para un terceiro lustro.

 
 

Alexis B. Romanov é colaborador do IGADI.

Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/04/2002