| Presencia-Opinión |
| Ucraína: a xente vaise... Por Alexis B. Romanov (Canal Mundo, 21/05/2002) |
|
Segundo o Ministerio de Traballo e da Política Social de Ucraína, durante o 2001 oficialmente traballaron no exterior máis de 36.000 cidadáns ucraínos, e deles soamente 1.400 nos estados da antiga URSS, informaba recentemente a axencia de noticias Interfax-Ucraína. A maioría dos nosos emigrantes traballan en Grecia, no Reino Unido, Chipre, en Panamá (trátase de mariñeiros en barcos baixo bandeira panameña) e a República Checa. Case todos os traballadores recollidos na estatística oficial (88 %) faenan no mar: 28,6 mil no transporte marítimo e 3,5 na pesca; 4 % na construcción e o 1,2% na hostelería. 32,6 mil dos rexistrados nas oficinas consulares de Ucraína no exterior son homes e soamente un 3,5 por mil son mulleres. Segundo o citado ministerio, os traballadores emigrados están protexidos por convenios bilaterais con Rusia, Polonia, a República Checa, Lituania, Moldavia, Bielarus, Letonia, Eslovaquia e Armenia. Sen embargo, se o ministerio opera cos datos mencionados arriba deixa desprotexida á maior parte dos traballadores ucraínos no exterior. Coa introducción da liberdade de movementos despois da independencia en 1991, a crise económica empurrou a centos de milleiros de cidadáns. Calquer salario mínimo pagado en Europa occidental superaba os ingresos en Ucraína; por iso aceptaban calquera condición, e aínda dispoñendo dunha alta cualificación e incluso ensino universitario traballan no campo ou na limpeza. Moitas mulleres xóvenes son explotadas como prostitutas e incluso como escravas sexuais. Os expertos consideran que a emigración real supera os números oficiais ducias de veces e iso explicaría en boa medida o feito de que Ucraína perdera na última década varios millóns de habitantes. Algúns países europeos, como non lles é posible prescindir da man de obra ucraína, cualificada e barata, tratan de regularizar o proceso migratorio. O goberno de Portugal estableceu unha cuota de 30 mil visados laborais para constructores ucraínos. A Generalitat de Catalunya incluso anunciou a súa intención de abrir oficinas propias de reclutamento de man de obra nos países de Europa do Leste. Aquí todos, todos se van... |
|
Alexis B. Romanov é colaborador do IGADI. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 20/05/2002
|