| O Plan Brzezinski e o 11-S Por Andrés Freire (Canal Mundo, 22/01/2002) |
|
En 1997 25 importantes membros da élite rectora da política exterior americana establecían o Project for a New American Century (PNAC). Na súa carta de presentación voltaban a ensalzar as claves ideolóxicas da hexemonía americana durante o século XX: a promoción en todo o planeta da democracia liberal-capitalista, e o mantenmento do exército americano como garante da apertura comercial globalizada. É dicir, o wilsonismo, esa ideoloxía que tan ben compaxina as boas intencións (democracia) cós intereses (mercados). De ahí que a PNAC non sintixe rubor ó proclamar que "American leadership is good for America and the world". Qué avance respeito ós 70' cando Kissinger procuraba organizar ó mundo en torno a un equilibrio de poderes entre as 5 grandes potencias (EEUU, CEE, URSS, China y Japón), equilibrio no que os americanos xugarían o papel de "primus inter pares". O respeito ós 80' cando Paul Kennedy advertía que os compromisos de seguridade adquiridos por Estados Unidos ó redor do globo levaban todas as trazas da sobreextensión imperial (imperial overstrech), a cal tiña provocado a decadencia e caída das anteriores grandes potencias. Os 90´ en cambio foron os anos da desfeita da URSS, da guerra de Irak, da hemorraxia iugoslava e da "Nova Economía". Anos de esplendor e optimismo americano. "Somos a nación indispensable. Estamos mais alto, e vemos mais lonxe no futuro", afirmaba Madeleine Albright. Os firmantes do PNAC simplemente desexaban que se tomasen as medidas necesarias para asegurar que isa hexemonía se mantivera tamén durante o século XXI. Moitos de eles chegaran ó poder có advenimento da Administración Bush. Pero ista presidencia nacía lastrada por o déficit de legitimidade derivado da discutida victoria en Florida (gobernada por Jeb Bush, membro del PNAC). Nisa situación, resultaba imposible realizar as reformas estructurais có as que pretendían impulsar ainda mais si cabe a hexemonía americana. O ataque ás Torres Xemelgas e o Pentágono foi para eles un regalo chegado do ceo. O Presidente pasou a ser Comandante en Xefe, e o adversario político convirteuse en aliado obxectivo do terrorismo. As tornas cambiaran, e o vento sopla agora no seu favor. Miren, por exemplo, a Donald Rumsfeld, o secretario da guerra (PNAC), hoxe venerado como o vello ledo, dinámico e decidido que todos soñamos con chegar a ser. Hai poucos meses, parecía un caso perdido, un ambicioso reformador estrelado contra a burocracia e os poderes existentes. Hoxe avanza no Pentágono sus planes de reestructuración e modernización. Entre eles, dous proxectos prometeicos, propostos por Rumsfeld nas comisiones senatoriais que presidiu nos 90´: o paraguas anti-misís, e levar á Air Force ó espacio. Sospéitase ademais que o espacio, coma América, pertence a aquel que chega alí primeiro. O dominio sobre as fontes e rutas enerxéticas é outra das claves da hexemonía americana. Así pois, o Big Oil, neste caso o consorcio UNOCAL, pretende quitar froito da guerra. Instalou a un antigo empregado como cabeza de goberno en Afganistán, e Estados Unidos enviou como representante na zona a Zalmay Khalizad, antigo lobbysta de UNOCAL (e miembro del PNAC). Lástima que os nativos, desagradecidos das liberadoras bombas, non semellen moi dispostos a obedecer ó novo presidente. Alomenos, comenzaran a replantar opio, có que o fluxo de heroína non será interrumpido. En Wall Street están agradecidos. E iso que a guerra afgana é só unha ganancia coxuntural dentro dun proxecto de moito maior calado, que tén recibido un gran pulo gracias á suposta guerra contra o terrorismo. Nos referimos ó Plan Brzezinski de Dominación Mundial, anunciado sin ningún tipo de pudor por o antiguo consejero de seguridad nacional de Carter no seu libro El gran tablero mundial. Basten unhas liñas para observar o seu tón: "...o alcance e a penetración do poder global estadounidense na actualidade son únicos. Ademais de controlar todos os océanos e mares do mundo, os Estados Unidos ten desenrrolado unha capacidade militar activa no control anfibio das costas que lles permite proxectar o seu poder terra adentro de maneiras políticamente significativas. As súas lexións militares están firmemente asentadas nas extremidades occidental e oriental de Eurasia e tamén controlan o golfo Pérsico. Os vasalos e tributarios (sic) dos Estados Unidos, algúns dos cuais ansían verse ligados a Washington por vínculos mais formais, salpican o continente europeo en toda a súa extensión" (pag. 31) Mais esta actual superioridade non é suficinte para Zbignew Brzezinski e os discípulos seus que hoxe dominan os postos rectores da política exterior americana. É mais, o seu Plan xa tiña sido insinuado años antes por un de eles, Paul Wolfowitz (PNAC) na primeira versión do Defence Policy Planning do 92, no que se afirmaba que Estados Unidos debía non só mantener sinon incluso expandir o seu sistema de alianzas có fin de "disuadir a potenciais competidores de tentar aspirar a un papel rexional o global mais importante". Para conseguir ese obxectivo, os estados "vasalos" de Europa han de seguir divididos e militarmente dependentes de EEUU. Serve de axuda para elo ó manter as súas fronteras en permanente ebullición. Por consiguinte non parece casual que non foran as pombas sinon os falcóns quienes impulsaran o "humanitarismo" da política americana nos Balcáns. Mais Europa é xa terra conquerida. O paso siguinte é Rusia; hacia ela no gardan boas intencións Brzezinski e os seus: manterla alonxada de Europa Occidental, rodearla de países hostís, impedir que recupere a súa esfera de influencia no que foi a URSS, e desviar do seu territorio as rutas enerxéticas dende o Caspio. De ahí a expansión da OTAN que, de saírse Brzezinski coa súa, alcanzará a Ucraina e Xeorxia. De ahí tamén o sobresalto de Brzezinski ante o acercamento ruso-americano tras o 11 de septembro. Evidentemente, o acercamento non durou. Á ascendente China toca reducirla a potencia rexional. É mais, no longo prazo o obxectivo é "xaponizarla". Para elo, débese apoiar ós seus veciños hostís, rodearla de bases militares, e instalar un clima de sospeita na rexión emerxente do planeta, onde xa se vive unha segunda carrera nuclear. No argot, chámase a isto "manter pluralístico (i.e dividido) o entorno estratéxico de Asia". A instalación de bases militares en Asia Central forma parte de ista estratexia americana. Non só facilitan o dominio sobre os recursos enerxéticos do Caspio, sinon que engaden novos peóns americanos no taboleiro da rexión (Corea del Sur, Xapón, Taiwan...). Rusia e China observan con suma preocupación ista ganancia derivada da masacre do 11 de Septembro. Eles saben que os Estados Unidos están alí para quedarse. Xa están en construcción os seus novos bastións na zona. Non son poucos os que sospeitan que a parte oculta do plan Brzezinski consiste na "balcanización" do continente euroasiático. "Divide e vencerás" é a máxima de todo imperio. Para elo, nada sería mellor que facer realidade o "Choque de Civilizacións", anunciado por o seu íntimo amigo, Samuel Huntington. ¿Quén sufriría "as sangrentas fronteiras do Islam" (Huntington dixit)? Todos, menos aquel país que, aillado espléndidamente por dous océanos, pode permitirse o luxo de ver con tranquilidade cómo arde o mundo. É claro que non todos os responsables políticos americanos comparten este megalómano proxecto, que en esencia consiste en que os Estados Unidos dirixan con férrea mán ó mundo hacia o "Fin da Historia" democrático, liberal e capitalista (sí, Fukuyama tamén pertence ó PNAC). Pero actualmente o grupo que así pensa copa os postos de élite do complexo mediático-político-tecnoindustrial de Estados Unidos, e está disposto a aproveitar o momento. De todo elo, o que resulta mais paradoxal é que Brzezinski e os seus sexan considerados coma ortodoxos representantes da Realpolitik, cuando, si ben se observa, o seu Plan de Dominación Mundial tén moito de renovación en clave posmoderna da vella utopía do Imperio Universal. De este tipo de soños, ún se sóe espertar entre escombros. |
|
Andrés Freire. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 25/01/2002
|